Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Un total de 360 rapaces e rapazas participaron na primeira xornada de Cinema Marabillas, a actividade do FIC Vía XIV concibida para os escolares da comarca
Un total de 360 rapaces e rapazas participaron na primeira xornada de Cinema Marabillas, a actividade do FIC Vía XIV concibida para os escolares da comarca PDF Imprimir Correo-e
Luns, 02 Decembro 2019 18:57

Un total de 360 escolares de Verín e comarca participaron hoxe na primeira xornada de Cinema Marabillas,  a actividade do FIC Vía XIV de Verín deseñada para involucrar aos máis novos no certame. Rapaces dos colexios María Inmaculada e Amaro Refojo de Verín, do CEIP de Medeiros e do CEIP de Vilardevós tomaron hoxe parte na iniciativa, que se desenvolverá tamén mañá e pasado coa participación doutros centros educativos.

“Ver para ler” é o eslogan co que se presenta a actividade Cinema Marabillas, que o FIC Vía XIV desenvolve para achegar a maxia do cinema aos cativos da man de Raquel Queizás. Nesta edición, o fío temático da actividade liga o cinema coa literatura infantil e xuvenil. Así, durante a mañá programaronse algunhas das primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas en contos e libros clásicos.

Personaxes ben coñecidas

Os protagonistas desta actividade son, pois, personaxes ben coñecidas para todos os nenos e nenas, que teñen centrado algunhas das máis belas historias narradas no cine: Alicía no País das Marabillas, Peter Pan ou O Mago de Oz.

Xunto a isto, os rapaces que participaron na iniciativa puideron desfrutar dunha mostra de curtas, apta para todas as idades, seleccionadas pola organización do FIC Vía XIV. 

Cámara e batuta

A axenda do día do FIC Vía XIV completarase coa programación de diferentes curtas a concurso, enmarcadas nas categorías oficias “Outra Mirada 1”, “Horizontes 2”, “Outra Mirada 2”, “A Raia 3” e “Nova 3”. O Auditorio de Verín e a Casa da Cultura son os escenarios nos que se proxectarán as diferentes sesións.

Xunto a isto, xa pola noite, desenvolverase no Auditorio a actividade paralela “Cámara e batuta”, que pretende analizar a relación íntima que posúen música e cinema a través dun percorrido moi especial que realizará Edelmiro L. Mateo, responsable da Coral Polifónica de Verín. No marco desta actividade, na que participara a propia Coral, tamén haberá unha actuación da Agrupación Instrumental Infantil do Conservatorio de Verín, dirixida por Miguel Ángel Guerra.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>