Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Dúas curtas nomeadas aos Premios Goya, a concurso no FIC Vía XIV 2019
Dúas curtas nomeadas aos Premios Goya, a concurso no FIC Vía XIV 2019 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 03 Decembro 2019 13:28

Dúas das curtas nomeadas aos Premios Goya 2020, cuxas candidaturas se desvelaron onte, proxéctanse estes días no Festival Internacional de Curtas de Verín FIC Vía XIV. “Isto constitúe unha proba irrefutable da calidade da programación que compón o noso certame” considera Carlos Montero, director do Festival. Unha destas curtas nomeadas aos Goya é Homomaquia, que dá a coñecer un mundo onde os seres humanos son tratados coma estes tratan aos animais, establecendo unha ligazón coa tauromaquia.

O seu director, David Fidalgo, estivo en Verín para compartir co público presente no Auditorio a experiencia de filmar esta curta, que consta de máis de 8.000 debuxos pintados en papel reciclado. “Sentinme inspirado pola proximidade da praza de touros á miña Facultade, en Pontevedra. Podía ver os espectáculos que se montaban no verán e parecíame incrible o ambiente de alegría e festa arredor de algo tan cruel”, declarou o director da curta.

A obra de animación é un berro a favor da liberdade e proxéctase na sección “A Raia 3” do FIC Vía XIV. No festival, xa tiveron lugar, con moi boa acollida, dúas proxeccións de Homomaquia, o domingo 1 ás 20:30 horas e o luns 2 ás 17:00 horas no Auditorio. Durante esta semana aínda se poderá desfrutar dunha última proxección desta curta o mércores 4, ás 22:30 horas, na Casa da Cultura.

Suc de Síndria

Durante a semana do festival, proxectase tamén a concurso Suc de Síndria, dirixida por Irene Moray, que conta tamén cunha nominación aos Goya na categoría de curtas de ficción. A obra conta a historia de Bárabara e Pol, que se van uns días de vacacións, rodeados pola natureza, onde atopan un lugar íntimo onde poderán gozar da súa intimidade, curar vellas feridas e redifinir a súa sexualidade.

Suc de Síndria exhíbese na sección “Nova 2” do FIC Vía XIV, que se proxectará hoxe martes ás 18:30 horas e mañá mércores ás 17:00 horas no auditorio, así coma o xoves ás 17:00 horas na Casa da Cultura.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>