Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VERÍN CONTRA O PECHE DO PARITORIO DO HOSPITAL DE VERÍN
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VERÍN CONTRA O PECHE DO PARITORIO DO HOSPITAL DE VERÍN PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Decembro 2019 13:27

Hoxe día 4 de decembro de 2019, o Pleno do Concello de Verín aprobou por unanimidade de todos os grupos presentes nesta institución (PSOE, BNG e PP)  a seguinte DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE VERÍN CONTRA O PECHE DO PARITORIO DO HOSPITAL DE VERÍN


A sanidade pública non só é un dereito fundamental, senón que é un dos piares básicos do noso Estado de Benestar, porque sen saúde non se poden exercer todos os demais privilexios da cidadanía.

Contamos dende fai máis de vintecinco anos cun Hospital Comarcal en Verín, que acolle o maior e máis importante servizo público desta comarca, un hospital que leva máis dun cuarto de século influíndo positivamente na calidade de vida das veciñas e veciños de Verín e comarca.

A pasada semana coñecimos a decisión do SERGAS de pechar o paritorio do Hospital Comarcal de Verín a partir do 1 de decembro. No momento en que se presenta a presente declaración ao pleno municipal, as mulleres de Verín e comarca xa non poden parir no noso hospital, tendo que trasladarse ata Ourense. Este é un dos temas que máis alarma social está provocando na nosa veciñanza.

Independentemente das razóns técnicas e científicas expresadas polos Xefes do Servizo de Xinecoloxía e Pediatría, as cais non entraremos a discutir; cremos que este Servizo que se pretende pechar é fundamental para o desenvolvemento das nosas comarcas. Unhas comarcas cada vez máis deprimidas co abandono de moitos habitantes, que non atopan as oportunidades para vivir dignamente, e con esta decisión sen dúbida vai empeorar. Amaior afondamento, non é compatible falar de potenciar e/ou apoiar o rural con suprimir un servizo sanitario de semellante transcendencia.

Así pois, reunidos hoxe aquí as concelleiras e concelleiros do Concello de Verín, sen distinción de siglas políticas, queremos

MANIFESTAR

O noso frontal rexeitamento á decisión anunciada do peche do paritorio do Hospital de Verín.

Queremos mostrar o noso apoio e recoñecemento a todos os profesionais da sanidade pública que desenvolven o seu labor no Hospital Comarcal de Verín, e que o fan con gran eficiencia e profesionalidade, tratando de dispensar a mellor atención de calidade a todos os pacientes.

A nosa total solidariedade coas mulleres embarazadas e as súas familias para que estas poidan seguir  parindo no noso hospital.

DEMANDAMOS DA ADMINISTRACIÓN SANITARIA

Que se revoque a decisión de peche xa executada, que non só se manteña o actual paritorio, senón que se reforce coas medidas necesarias tanto de persoal como de recursos para darlle unha total seguridade; e que este mesmo apoio decidido se faga extensivo a cantos outros servizos ou especialidades médicas do Hospital sexan necesarios.

Finalmente, pedimos que a presente Declaración Institucional sexa envíada á Consellería de Sanidade para coñecemento da Administración competente.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>