Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín alberga esta fin de semana a súa V Feira de Nadal.
Verín alberga esta fin de semana a súa V Feira de Nadal. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Decembro 2019 18:55

Este sábado e domingo, 7 e 8 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a V edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán máis de 40 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces. Así o confirmou esta mañá Manuel Lorenzo, concelleiro de Transportes, Feiras e Hostalería.


A feira contará tamén con animación natalicia, cata de viños, música e sorteos de productos típicos de nadal doados polos expositores. Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal contará tamén coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios produtos artesanais.

O sábado terá lugar unha cata de viños da man da D.O. Monterrei, ás 19.00 horas, no Restaurante Regueiro da Cova. Para a participación nesta actividade será necesaria inscrición previa entregando un formulario no Concello de Verín que poderedes atopar no seguinte enlace: http://www.verin.gal/prensa/INSCRICION.pdf

O horario de apertura das casetas da Feira de Nadal será de 11:00 a 14.30 horas e de 16.00  a 20.00  horas, e o programa completo de actividades será o seguinte:

 

SÁBADO 7 DE DECEMBRO

  • 11.00h: Inauguración coa actuación da banda de gaitas do Concello de Verín.
  • A partir das 17:00h:  visita de Papá Noel ao recinto feiral con recollida de cartas.
  • 18:00h: Actuación da Agrupación Musical Candaira.
  • 19:00h: Cata de viños da D.O. Monterrei no Restaurante ‘Regueiro da Cova’ (Necesaria inscrición previa no Concello).

 

DOMINGO 8 DE DECEMBRO

  • A partir das 17.00h: Visita do Apalpador ao recinto feiral.
  • 20:00h: Entrega do premio ao Mellor Stand Natalicio.

Os postos participantes son os seguintes:


LA MAGNIFICA TIENDA

DOLCHE ABEJAS

EMBUTIDOS A SALGUEIRA

A TENDIÑA. PRODUCTOS ARTESANAIS

ABELLA OBREIRA

GOFRES Y CREPES

ROSA ARTESANIA

LAS COSAS DE MI MADRE

S.J. ARTESANIA

MIMOBOOKS

MARIOLI

LAR DOS BONECOS

AUROARTE

ARTESANIAS MARY

LUAR DA GAIA

FOFUCHAS MERCHI

DE.COR.AÇÃO

MARISA MANUALIDADES

ROSA MARÍA

C.D.R PORTAS ABERTAS

ASUBIO

GALERÍA GIRASOL

XESTAS

TRAPALLADAS ARTESANIA

LA ALACENA

PATO JOYERO

BIQUINHO DOCE

DULCERÍA MORETA

BULERI

TERRA DE BARONCELI

CONSERVAS DO TAMEGA

C.E.I.P.  PRINCESA DE ESPAÑA

COLEXIO APOSTÓLICO MERCEDARIO

ADORNOS NAVIDEÑOS

IES XESÚS TABOADA CHIVITE

IES CASTRO DE BARONCELI

ORGANIZACIÓN

SORTEO CESTA

ANPA CONSERVATORIO DE VERÍN

QUESO PICOS DE EUROPA

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>