Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín coñece a realidade cinematográfica actual de Cuba grazas a unha retrospectiva de curtas programada no FIC Vía XIV
Verín coñece a realidade cinematográfica actual de Cuba grazas a unha retrospectiva de curtas programada no FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Decembro 2019 00:00

O Auditorio de Verín acolleu, como unha das actividades paralelas do FIC Vía XIV, o pase dunha retrospectiva de curtas cubanas actuais. Esta mostra, seleccionada pola produtora e directora artística de orixe cubana, Claudia Expósito, “pretende tender pontes entre Verín e Cuba a través do cinema”, tal e como destaca o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero.

A retrospectiva, que se exhibe en dous bloques diferentes, “constitúe o perfecto exemplo da vocación social que ten o noso certame por achegar aos espectadores realidades e culturas diversas, a través da sétima arte”, considera Montero.

Entre as curtas que puideron verse no marco desta retrospectiva atópanse Ángela, de Juan Pablo Daranas; Las muertes de Arístides, de Lázaro Lemus; Los Viejos Heraldos, de Luis Alejandro Yero; Gloria Eterna, de Yimit Ramírez; Casa de la noche, de Marcel Beltrán; No country for old squares, de Yoland Durán e Ermitis Blanco; El Pescador, de Ana A. Alpizar e Paisaje, de Daiyan Noa.

Festival convidado

Xunto a isto, os espectadores que acudiron ao  Auditorio de Verín para desfrutar do FIC Vía XIV puideron visionar as curtas gañadoras no último Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz RIR, que ten xa celebradas dúas edicións. Este certame é o festival convidado nesta edición polo FIC.

Tal e como sinala o seu responsable Óscar Doviso “no RIR escollemos a temática da comedia porque consegue crear un ambiente familiar e cercano. Moitas das curtas, teñen trasfondos brutais. Pero ao estar contadas con humor, serven para pasalo ben á vez que fan pensar ao público.”

O RIR está dedicado cada ano a un autor clásico de comedia. A primeira edición foille dedicada a Chaplin e a segunda a Buster Keaton. Segundo Doviso, “é un xeito de achegar o cinema clásico ao público xeral e aos nenos, que non adoitan decantarse por este tipo de cine e así podémoslle amosar que as películas clásicas tamén son divertidas”

No marco deste pase, puideron verse en Verín as curtas El Jarrón, de Rubén Tejerina; Una noche con Juan Diego Botto, de Teresa Bellón e César F. Calvillo; In love, de Les Frères; Héroes, de Juan Pablo Zaramella; Beautiful day, de Fabrice Herbaurt; e El Graffitti, de Aurélien Laplace.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>