Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Un grupo de estudantes europeos acode á proxección dos filmes integrados na retrospectiva ‘As dúas caras do Sahara Occidental’ do FIC Vía XIV
Un grupo de estudantes europeos acode á proxección dos filmes integrados na retrospectiva ‘As dúas caras do Sahara Occidental’ do FIC Vía XIV PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Decembro 2019 00:00

Un grupo de 20 estudantes, procedente de diversos países coma Finlandia, Hungría, Italia e Portugal, tivo a oportunidade de visionar a programación integrada no marco da actividade paralela ‘As dúas caras do Sahara Occidental’, durante a mañá do xoves 5 de decembro na Casa da Cultura de Verín.

A mostra de filmografía do Sahara ten como misión amosar, dende a cinematografía, unha realidade en conflito (a vida dentro e fóra dos campos de refuxiados nesta zona) a través de diversos puntos de vista. “Cremos relevante traer ata Verín, no marco do festival, diferentes realidades políticas que é preciso dar a coñecer, especialmente nestes tempos convulsos que vivimos, marcados pola inestabilidade política e económica”, destaca o director do FIC, Carlos Montero, a propósito da actividade.

As dúas caras do Sahara Occidental divídese en dous bloques. No primeiro exhibiuse a longametraxe “Hamada”, de Eloy Domínguez, que foi presentada polo propio director e cun coloquio posterior ao visionado. Na segunda das sesións, amosaranse as curtas “L´Aarifa” de

Mohamed Salem Lansari, Braham Chagaf e Digya Mohamed-Salm e “Tres cámaras roubadas”, un proxecto colectivo de Equipe Media.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>