Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Mabel Rivera conquista ao público en Verín
Mabel Rivera conquista ao público en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Decembro 2019 00:00

A actriz de Ferrol Mabel Rivera, ben coñecida polo gran público grazas aos seus papeis en televisión e cinema, foi homenaxeada este ano pola Dirección do FIC Vía XIV de Verín, cun acto que se desenvolveu este serán no Auditorio da vila. Deste xeito, Rivera tomou o relevo de Antonio Durán “Morris”, a quen o Festival de Curtas de Verín rendeu homenaxe o ano pasado. Os verinenses que asistiron á homenaxe a Rivera puideron, ademais, desfrutar dunha selección de curtas da súa filmografía.

Deste xeito, en Verín proxectáronse, ao abeiro deste acto de homenaxe, as curtas Ato San Nen, de Pedro Collantes; Muero por volver, de Javier Marco; Dantzariak (Bailarines), de Axier  Salazar e Anacos, de Xacio Baño. En todas ela participa, como actriz principal, a gañadora do Goya 2005 á mellor actriz de reparto por Mar Adentro.

 Apoio ao FIC Vía XIV

A actriz afirmou sentirse moi agradecida pola homenaxe, e expresou o seu apoio ao FIC Vía XIV de Verín, como proposta e espazo cultural que tenta achegar as novidades e tendencias cinematográficas a unha parte da poboación que, polo seu emprazamento periférico, ten menos opcións de ocio e lecer que os habitantes das urbes.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>