Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Calidade e prestixio cinematográfico foron as pedras angulares da cuarta edición do FIC Vía XIV Verín,que hoxe entregou os seus
Calidade e prestixio cinematográfico foron as pedras angulares da cuarta edición do FIC Vía XIV Verín,que hoxe entregou os seus PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 07 Decembro 2019 00:00

O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, pecha a súa cuarta edición tras unha semana na que se proxectou unha programación “de grandísima calidade”, tal e coma sinalou o director do certame, Carlos Montero, na gala de clausura celebrada esta noite no Auditorio de Verín.  “Que acertamos coa nosa programación é un feito incontestable”, manifestou Montero e engadiu que “moitas das pezas exhibidas este ano recibiron premios a nivel nacional e internacional”. “Este ano tivemos na programación, ademais, dúas obras nominadas aos Goya 2020 e incluso estivo entre nós un dos directores nominados David Fidalgo”, abundou.

Montero salientou que “vender Verín” e reforzar o atractivo da nosa comarca é un obxectivo irrenunciable para a organización da certame”. “Nesta viaxe contamos co apoio de entidades, organizaciónns e empresas, así como co de moitos axentes sociais e coa poboación da vila”, manifestou Montero.

Un traballo feito en equipo

O director do Festival quixo poñer en valor a labor dos profesionais e voluntarios que colaboran no FIC, e cuxo traballo o fai posible. “Moitos de estos profesionais son orixinarios desta terra e están comprometidos co desenvolvemento dunha axenda cultural que sexa un orguio para Verín”. No FIC Vía XIV é un traballo en equipo”, postillou Montero.

En nome do concello de Verín, o alcalde Gerardo Seoane sinalou que “xa podemos lembrar parte da nosa biografía recente grazas ao FIC. En Verín, estamos orguiosos de contemplar a madurez do noso quimérico museo de formas este Festival Internacional de Curtas Vía XIV que este ano chegou a súa cuarta edición”.

Relación de premiados

Durante o acto, desvelouse o nome das curtas premiadas dentro de cada unha das catro categorías do festival (Nova, Outra Mirada, Horizontes e A Raia). As curtas gañadoras nestes catro apartados foron escollidas por un xurado conformado por Nora Sola, Raquel Anido, Neves Rodríguez e Claudia Expósito. Xunto a isto, entregouse o Premio Especial do Público e un Premio (Camira) da Crítica, ademais do Premio NUMAX á exhibiación da Mellor Curtametraxe de menos de 10 minutos.

Ésta á a listaxe de gañadores:

  • “Places”, de Claudia Barral Magaz Premio del Jurado á Mellor Curtametraxe daa Categoría Oficial Outra Mirada
  • “Los que no sienten” de Alba Carnero, Carlota Mojica, Marta Porto e Débora Vargas Premio do Xurado á Mellor Curtametraxe da Categoría Horizonte
  • “16 de diciembre” de Álvaro Gago, Premio do Xurado al Mejor Cortometraje de la Categoría Oficial A Raia
  • pieza “The distance between us and the sky” de Kekatos Vasilis Premio del Jurado al Mejor Cortometraje de la Categoría Oficial Nova
  • “Santa Baia de Montes” de Sabela Souto Premio Especial do Público ao Mejor Cortometraje.
  • “KIDS” de Michael Frei e Mario Von Rickemback Premio Camira de la Crítica: Mención especial
  • “Leyenda dorada” Ion de Sosa e Chema García Ibarra, Premio NUMAX á Exhibición da Mellor Curtametraxe de menos de 10 minutos.

Finalmente, no FIC Vía XIV 2019 outorgáronse mencións especiais ás seguintes curtas:

Encarnadosde Tono Arias (Categoría Outra Mirada)
Suc de Síndriade Irene Moray (Categoría Nova)
Salam de Claire Fowler (Categoría Horizontes)

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>