Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín acolle a presentación das obras “O alén dos barqueiros” de Anxo Muíños e “Un otoño en la pajarera” de Mónica Graña.
A Biblioteca de Verín acolle a presentación das obras “O alén dos barqueiros” de Anxo Muíños e “Un otoño en la pajarera” de Mónica Graña. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Decembro 2019 11:16

O vindeiro venres 13, ás 19:30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín acolle a presentación simultánea das obras “O alén dos barqueiros” de Anxo Muiños e “Un otoño en la pajarera” de Mónica Graña. O ensaio e a poesía estarán representados por devanditos autores nunha presentación sobordante de orixinalidade.


“O ALÉN DOS BARQUEIROS” de ANXO MUÍÑO.

O sueco Ingemar sostén que a mitoloxía é a forma de psicoloxía máis antiga. Desvelar
os misterios da vida a través das lendas é a paixón do estudante, algo que desexa
plasmar nunha tese doutoral. O mito de Ulises buscando Itaca inspíralle facer unha
viaxe ata Lisboa en busca de crecemento persoal. Na fronteira un comandante sospeita que o antropólogo é un espía soviético. En Portugal atopa a Salomé e continúan a andaina xuntos escoitando mitos de árbores sagradas, monstros mariños, espíritos das augas, labirintos, animais totémicos e barcos pantasmas.

«O alén dos barqueiros» non é un ensaio (mais éo), nin é un dicionario mitolóxico (xaora que o é); pois é, outramente e por riba de todo, unha composición narrativa complexa e completa.É dicir, unha novela en toda a extensión do concepto». Lionel Rexes.

Xosé Anxo Gómez Figueira (Anxo Muíños) nado en Taragoña, Rianxo (1966). A andaina social comezou na Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas da Galiza, AGENG (1990). Colabora coa Federación Galega Pola Cultura Marítima e Fluvial, FGPCMF (1994). Participa na fundación da Liga Céltica Galaica, LCG (1996) da que segue sendo membro. Traballou nos catamaráns da Deputación de Lugo e paralelamente comeza a documentarse sobre navegación fluvial (2009). Afincase en Cantabria e interesase pola mitoloxía cántabra (2013). Publica Ulín, unha obra  poética con un fío narrativo, fai alusión ao conflito do Ulster e a súa utópica resolución (2015). Entra en contacto coa Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA (2018).


«UN OTOÑO EN LA PAJARERA» de Mónica Graña.

El día ha amanecido cubierto de plumas.

Los pájaros han mudado sus alas por ramas.

Las han tirado al suelo, hechas hojarasca.

Y las calles se han vuelto asfalto blanco.


Mónica Graña o Mara Dres

(A Estrada-Pontevedra, 1973)

É unha galega tímida que atopa na poesía unha forma de expresar o que sería imposible con palabras, neste mundo de présas, asfalto e prosa. Desde moi novo escribe intermitentemente relatos, contos e sobre todo poemas. Amante absoluta da poesía, a música e a pintura.

Mara naceu nas redes sociais, para aprender fóra de casa, para gozar do anonimato e mostrar a faceta máis intimista de toda poesía e así crecer, na rúa, como unha emigrante da súa propia vida. E porque así é Mónica, unha persoa sinxela, con moito ruído dentro, moito que contar, cunha mirada cargada de curiosidade e dúbidas, buscando continuamente ese lugar chamado casa.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>