Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio Munipal acolle o Concerto de Nadal do Conservatorio Elemental de Música de Verín
O Auditorio Munipal acolle o Concerto de Nadal do Conservatorio Elemental de Música de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Decembro 2019 12:37

O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar no Auditorio Municipal de Verín o tradicional Concerto de Nadal, interpretado polo  alumnado e polos membros da Banda do Conservatorio Elemental de Música de Verín. Este ano contarán como coro invitado coa Coral polifónica Beato Sebastián Aparicio de A Gudiña.

Durante o concerto os músicos participantes interpretarán temas populares e clásicos como: Navidad (J. Pierpont), Jingle Bells (Popular),  Highway Blues (B. Lochs), Concerto en Sol M –Allegro- (A. Vivaldi), Llega el día (G.Verdi), Piratas del Caribe (H. Zimmer & K. Badelt) Vinde ver o neno (Panxoliña galega), Pasodoble “Ángel Barja” (Vicente Fernández), entre moitos outros.

Así mesmo, o Concerto de Nadal contará este ano cunha colaboración moi especial. O músico Vicente Fernández Barreira, natural de Vilardevós, interpretará un pasodobre coa súa gaita. O finalizar, Fernández Barreira, torneiro de profesión, doará devandito instrumento ao Conservatorio de Verín, fabricado ex profeso para a ocasión e que leva bordado o escudo do Concello.

Descarga o programa completo no seguinte enlace

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>