Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aumenta a asistencia ás proxeccións e ás actividades paralelas do FIC Vía XIV de Verín
Aumenta a asistencia ás proxeccións e ás actividades paralelas do FIC Vía XIV de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Decembro 2019 12:32

O Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, pechou a súa cuarta edición “cun balance positivo” en termos de público e convocatoria, tal e como sinala o seu director, Carlos Montero. Logo de analizar as cifras de asistencia e participación, Montero destaca que se aumentou o número de persoas que acudiu a algunha das proxeccións dentro do concurso oficial, tanto no Auditorio coma na Casa de Cultura. “Fronte a cifra de 1.100 asistentes do ano pasado, neste 2019 o cómputo global indica que foron 1.240 as persoas que visionaron algún dos bloques de curtas”, enfatiza Montero.

Tamén subiu a cifra de participación nas diversas actividades paralelas deseñadas ao abeiro do certame e que, durante toda a semana pasada, dinamizaron culturalmente Verín. “Nesta ocasión foron 564 os participantes nestas actividades, fronte aos 400 de 2018”, destacou Montero quen, ademais, puxo en valor “o especial interese suscitado pola actividade Cámara e Batuta”.

Continuidade futura

O balance final de datos evidencia tamén un lixeiro aumento dos cativos que participaron na actividade dirixida a escolares, que este ano estivo centrada na ligazón entre o cinema e a literatura infantil e xuvenil. “Foron 840 nenos e nenas, 40 máis que o ano pasado, os que tomaron parte na iniciativa”.

 

En total, remata Montero, ao longo de toda a semana participaron no FIC Vía XIV algo máis de 3.300 persoas, “unha cifra que evidencia o interese que suscita o evento e que convida a pensar na súa continuidade futura”.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>