Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle o seu primeiro Festival de Ximnasia Rítmica
Verín acolle o seu primeiro Festival de Ximnasia Rítmica PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Decembro 2019 12:33

O vindeiro domingo 15 de decembro, entre as 12:00 e as 13:30 horas, o Club Deportivo Ximnasia Rítmica Verín, organiza o primeiro Festival de Nadal de Rítmica no Pavillón Municipal de Deportes.

O festival dará comezo ás 12:00 horas coa actuación da banda de gaitas do Concello de Verín e coas exhibicións dos clubs Escola Ximnasia Pavillón Ourense (con catro actuacións), Club Ximnasia Pavillón Xinzo de Limia, Escola Ximnasia Rítmica MacedaClub Deportivo Ximnasia Rítmica Verín (con dúas actuacións). Para finalizar, haberá varias mostras de Danza e Flamenco Fusión.

A partir das 16:00 horas, o Club de Rítmica organiza, en colaboración co Concello de Verín,  o “Xogo_Party Verín”, actividade aberta a todo o público infantil e que contará con diversas actividades lúdicas: inchables (barco pirata, xincana, cabina de tiro), actuacións de maxia, popurrí de bailes infantís (hip hop, danza contemporánea,  salsa, bailes latinos e clásicos, flamenco) e obradoiros variados (tatuaxes, pinta caras, globoflexia…)

Por outra parte, dende o Club enviouse a todos os seus homólogos invitados ao festival, varios folletos informativos facilitados pola oficina de  Turismo, indicando os lugares de valor turístico, así como os restaurantes da comarca onde poder desgustar tanto os nosos viños como os menús típicos da comarca.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>