Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio Municipal acolle o espectáculo infantil "Proxecto Noé
O Auditorio Municipal acolle o espectáculo infantil "Proxecto Noé PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Decembro 2019 14:06

O vindeiro domingo 29 de decembro, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle o espectáculo infantil "Proxecto Noé", de Sarabela Teatro.

Neve, tres pingüíns, o desxeo e dous boletos para a A.R.C.A. (Aparello Rescatador de Animais) de NOEÉ (Novos Observadores Especialistas da Evacuación) son os elementos desta historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente. Os pingüíns reflexionan sobre o valor da amizade: como facer para salvarse os tres cando só teñen dúas pasaxes? Cando está permitido e cando non romper as regras?

Tres amigos enfréntanse ao dioivo universal, ou ao cambio climático ou como lle queiramos chamar neste principio de século. As ordes son moi claras, so están convidados dous. Na ARCA só admiten parellas. Nestas circunstancias pregúntanse polas leis humanas e divinas, polo sentido da existencia, pola amizade e o desexo de sobrevivir á conta do outro, o “outro como algo moi diferente ao meu. Con humor é espíritu lúdico o espectáculo plantexa preguntas ao redor da nosa relación coa natureza.

Xa podedes recoller as vosas entradas (gratuitas) no Auditorio Municipal de Verín.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>