Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Foro "90 minutos psicolóxicos" de Javier Urra
Foro "90 minutos psicolóxicos" de Javier Urra PDF Imprimir Correo-e
Luns, 16 Decembro 2019 20:59

O vindeiro 19 de decembro, ás 20:15 horas, o Salón de Actos da  Casa da Cultura de Verin acolle una nova edición do Foro La Región. Nesta ocasión, Javier Urra, Doutor en Psicoloxía e doutor en Ciencias da Saúde, presenta o seu último traballo: “90 minutos psicolóxicos”.

90 minutos psicolóxicos propón unha viaxe de descubrimento para coñecerte mellor e comprender o elemental da vida a través de 90  microlecturas de 1 minuto. Auténticas pílulas de coñecemento de temas que nos incumben a nós e á sociedade: procura do benestar; xestión da tensión, da culpa, da soidade, do aburrimento e do tempo; das adiccións e os comportamentos compulsivos; da  procrastinación e da preguiza; da importancia de rirse dun mesmo e de ser optimista e  asertivo; da educación, do illamento social, da violencia de xénero ou infantil...

Javier  Urra

Doutor en Psicoloxía e doutor en Ciencias da Saúde. Profesor no Centro Universitario Cardeal Cisneros (Universidade Complutense de Madrid). É o primeiro Defensor do Menor en España e presidente da rede Europea de Defensores do Menor. Psicólogo Forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e Xulgados de Menores de Madrid. Presidente da Comisión Reitora do programa recorra- GINSO, para pais e fillos en conflito.Publicou 55 libros e decenas de artigos. É académico de Número da Academia de Psicoloxía de España.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>