Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Asociación Cultural Vía XIV e AEVER entregan os premios aos mellores escaparates de cinema en Verín
A Asociación Cultural Vía XIV e AEVER entregan os premios aos mellores escaparates de cinema en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Decembro 2019 10:48

Coma en edicións anteriores, o IV Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV, levou parellas unha serie de actividades paralelas co obxectivo de integrar á poboación e aos axentes socioeconómicos da zona no discorrer do festival.

Entre estas iniciativas paralelas, púxose en marcha, ao igual que xa se fixera o ano pasado, un concurso promovido conxuntamente por la Asociación Cultural Vía XIV y la Asociación de Comerciantes e Empresarios de Verín, AEVER, para que os establecementos interesados engalanasen os seus escaparates con motivos de cinema.

Establecementos premiados

Esta mañá coñeceuse o resultado deste concurso, que distinguiu en primeiro lugar a Barbería Carlos. No segundo posto clasificouse Joyería Pato e a terceira posición foi para Noisiness. Estes establecementos recibiron cadanseu premio de 150, 75 e 50 euros respectivamente. E o primeiro clasificado, a Barbería Carlos, reintegrou o importe do premio á Asociación Cultural FIC Vía XIV, para apoiar o devir futuro do certame, un xesto que o director do festival, Carlos Montero, quixo agradecer “moi especialmente”.

Montero tamén agradeceu a implicación de todas as empresas, comercios e negocios que participaron no concurso. “E, particularmente, a AEVER, por apoiar unha vez máis o noso Festival e respaldar un dos premios que se entregaron na gala de clausura do certame, co que se distinguiu a traxectoria da actriz Mabel Rivera”.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>