Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín converterase no epicentro da Novela Negra en xaneiro
Verín converterase no epicentro da Novela Negra en xaneiro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Decembro 2019 11:30

O Auditorio de Verín acollerá durante os días 24 e 25 de xaneiro a terceira edición das súas xornadas de Novela Negra, este ano dedicada aos personaxes deste xénero literario. Así o confirmaron esta  mañá a  concelleira de Cultura, Emilia Somoza, e os organizadores  do evento, Vicente Rodríguez Xusto, director da Biblioteca Municipal e Miguel Losada, secretario de SAGA.


As xornadas “Personaxes de Novela”, organizadas conxuntamente  pola Biblioteca do Concello de Verín xunto e pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), teñen por obxectivo dar unha visión real sobre as personaxes que nelas normalmente aparecen. Para iso, Verín contará coa presenza de reputados escritores  e profesionais que falarán en profundidade sobre moitas das claves deste xénero literario.

«Nesta edición, pareceunos máis orixinal saír do que normalmente este tipo de certames ofrecen. Este ano, o lema das xornadas é “Personaxes de Novela” e pretendemos que sexa un percorrido polas tripas mesmas dunha realidade que transcende o literario e camiña na escuridade da psique humana. Detrás desta literatura podemos atopar as luces da creatividade chovendo sobre as teclas, mais tamén as sombras da que bebe tantas veces a narrativa humana», destacou Miguel Losada, secretario de SAGA.

A Novela Negra, tan vizosa sempre no panorama editorial, é un fetiche social que protexe e esconxura contra ese escuro atavismo como son as formas da violencia. Escribila é todo un rito, unha catarse sen volta atrás porque o imaxinado, neste caso, non resulta ser inventado. Mais ben recreado. «Nesta ocasión, e como oficiantes taumaturxia da palabra escrita» – explicou Vicente Rodríguez - «contaremos na Biblioteca do Concello de Verín a curtidos relatores e referentes da intrahistoria dun xénero que, cando non é xornalismo, borboriña as palabras que tantas noites prenden nos nosos ollos dende as fonduras, e mesmo abismos, da natureza humana».

Para finalizar, a  concelleira de Cultura, Emilia Somoza, quixo felicitar aos organizadores por traer a Verín unha proposta tan completa e atractiva e realizou un chamamento aos amantes deste xénero negro e  policiaco a achegarse a vila do Támega e gozar deste programa de “primeiro nivel”.


VENRES 24

19:30h.: “Do contrabando de tabaco ao tráfico de drogas en Galicia

-       D. Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía, figura que deu vida na serie Fariña de Antena 3 o actor Tristán de Ulloa.

20:15h.: “O corpo do delito”

-       D. Fernando Serrulla Rech, médico Forense e antropólogo forense responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

-       D. José Antonio Vázquez Taín: Xuíz/Escritor.


SÁBADO  25

18:30h.: «A novela negra como radiografía da realidade social»

- D. José Antonio Vázquez Taín: Xuíz/Escritor.

19:15h: “A forma do lume”

- D. Pedro Feijoo Barreiro, escritor de novela negra.

20:15h.: Mesa Redonda: Enrique León Calviño, Fernando Serrulla Rech, José Antonio Vázquez Taín, Pedro Feijoo Barreiro. Modera a mesa: Xurxo Salgado, xornalista que dirixe Galicia Confidencial.

 

Ao remate da mesa redonda clausuraranse as xornadas e os autores asinarán libros.

 

+ info: http://novelanegra.bibliotecadeverin.es

 

+ info: http://novelanegra.bibliotecadeverin.es









 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>