Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín presenta a súa programación de Nadal
Verín presenta a súa programación de Nadal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Decembro 2019 17:52

A axenda de actividades de Nadal está composta por  máis dunha decena de propostas culturais e de lecer para todos os públicos; entre os que se inclúen  concertos, teatro,  obradoiros, mercados e  feiras específicas, actividades para os centros de  maiores, actividade diaria na Ludoteca (para conciliar a vida familiar e laboral), iniciativas sociais e comerciais, xunto  coa tradicional cabalgata de Reis.

Do  programa do Nadal, que se pode consultar na páxina web do Concello e que será  distribuído polos diferentes centros municipais e establecementos comerciais e hostaleiros da vila, caben destacar as  seguintes actividades:


PROGRAMACIÓN

7 e 8 de decembro

FEIRA DE NADAL

Mercado temático con máis de 40 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces. A feira contará tamén con animación natalicia, cata de viños, música e sorteos de productos típicos de nadal doados polos expositores. Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal conta coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios produtos artesanais.

Organiza: Concello de Verín


Ata o  6 de xaneiro

BELÉN DA VIRUCA

Salón Parroquial de Verín, De luns a Sábado de 17 a 20.00

Belén de gran tradición familiar que mostra a veciños e visitantes escenas típicas da tradición relixiosa e elementos da actualidade galega. Un Belén que é posible grazas á dedicación desta familia e a colaboración da Uap de Verín.

Organiza: Viruca, en colaboración UAP Verín.


Sábado día 14

CONCERTO DE NADAL

18:00 h, Auditorio Municipal.

Actuación de alumnas e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín con repertorio clásico e de do Nadal.

Organiza: Conservatorio Elemental de Música de Verín

Concello de Verín

 

Domingo 15 decembro

GALA DE NADAL DE XIMNASIA RÍTMICA

17:30 h . Auditorio Municipal

O festival dará comezo ás 12:00 horas coa actuación da banda de gaitas do Concello de Verín e coas exhibicións dos clubs Escola Ximnasia Pavillón Ourense (con catro actuacións), Club Ximnasia Pavillón Xinzo de Limia, Escola Ximnasia Rítmica Maceda, Club Deportivo Ximnasia Rítmica Verín (con dúas actuacións). Para finalizar, haberá varias mostras de Danza e Flamenco Fusión.

A partir das 16:00 horas, o Club de Rítmica organiza, en colaboración co Concello de Verín,  o “Xogo_Party Verín”, actividade aberta a todo o público infantil

Organiza: Club Deportivo de Ximnasia Rítmica de Verín

 

Domingo 15 decembro

GALA DE NADAL TODO FITNESS.

17:30 h . Auditorio Municipal,

Organiza: Sala Todo Fitness.

 

Venres día 20, inauguración ás 19  h; ata o día 11 de xaneiro

EXPOSICIÓN: NOTAS DE  COR

Sala de  Exposicións de Verín. Martes a sábado, 12 a 14  e 17 a 21 h

A  Escola de Artes e Oficios de Verín preséntanos as miradas particulares do seu alumnado, en pinturas, debuxos, tallas en madeira, modelados en  terracota e cerámicas realizadas con torno de oleiro.

Organiza: Escola de Artes e Oficios de Verín e Concello de Verín

Do 21 ao 6 de xaneiro

PISTA DE XEO NATURAL

Praza García Barbón, de 11:00 a 14:00, e de 16:00 a 22:00 h.
Prezo dá entrada é de 5€. Comprando nos establecementos asociados a CCU AEVER e AEHCOM conseguirás un tícket desconto de 2€.

Organiza  Aever

 

Sábado día 21

CONCERTO-BAILE DE NADAL PARA OS  NOSOS  MAIORES

16:00 h. Residencia de Anciáns Hogar Santa María,

Temas populares do repertorio internacional e do Nadal para que os nosos maiores gocen escoitando ou bailando a música que interpretará a Banda do Conservatorio Elemental de Música de Verín.

Organiza: Hermanitas dos Anciáns Desamparados, Conservatorio Elemental de Música de Verín e Concello de Verín

Desde 21 decembro ao 7 de xaneiro
LUDONADAL

Pavillón Municipal de Deportes,

De luns a venres, de 09,00  a 14,00 horas, e de  16,00 a 20,00 horas. Os  sábados de 9 a 14 horas.

Todos os días de vacacións escolares, haberá un servizo de ludoteca, para a conciliación familiar.

Organiza: Concello de Verín

 

Domingo día 22

CANTOS SACROS E  VILANCICOS

Residencia de Anciáns Hogar Santa María, 10:00 h

A Coral de Verín ofrecerá un programa de temas sacros, panxoliñas e  panxoliñas ás persoas residentes e ás familias que participen no oficio dominical. O acto está patrocinado polo  Concello de Verín.

Organiza: Hermanitas dos Anciáns Desamparados

 

Sábado 28 de decembro

CONCERTO DE PRESENTACIÓN DO CD "RUMBO NE" DA BANDA DE GAITAS NOVA ERA.

18:30 h. Auditorio de Verín.

A Banda de Gaitas Nova Era ofrecerá o seu xa tradicional concerto de Nadal no que presentará o seu primeiro traballo discográfico, “Rumbo NE”. Trátase dun disco que plasma a viaxe musical desta agrupación na que conviven decenas de instrumentos, influencias e melodías distintas.

PREZO: 3 euros. Reserva previa de entradas a través da páxina de Facebook @asocmtm .

Organiza: Nova Era

 

Domingo  29 de decembro

OBRA DE TEATRO INFANTIL “PROXECTO NOEÉ”

18:00 h.  Auditorio Municipal.

Neve, tres pingüíns, o desxeo e dous boletos para a A.R.C.A. (Aparello Rescatador de Animais) de NOEÉ (Novos Observadores Especialistas da Evacuación) son os elementos desta historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente. Os pingüíns reflexionan sobre o valor da amizade: como facer para salvarse os tres cando só teñen dúas pasaxes? Cando está permitido e cando non romper as regras?

Entrada Gratuíta. Reserva Anticipada no Auditorio.

Organiza: Concello de Verín.


Luns día 30

PETISCOS DE PATO CON TUDOS

19:30 h. Casa da Cultura.

Con motivo do corenta aniversario da defunción de Enrique Gómez Pato, creador polifacético radicado en Verín que desenvolveu, principalmente nos anos cincuenta e sesenta do pasado século, unha importante obra como dramaturgo, xornalista, poeta e humorista, Plácido Romero Bernardo presenta este documental na súa homenaxe.

Organiza: Concello de Verín

Venres 3 de xaneiro

GALA FAMILIAR DE AEVER “ESTRELAS MÁXICAS”.

18:30 h.  Pavillón dos Deportes.

Co tradicional sorteo e premio de escaparatismo (20:00 horas)

Organiza: AEVER

 

Sábado 4 xaneiro

CONCERTO DE MARÍA DO CEO

20:00 h. Auditorio municipal

A día de hoxe, dicir María  do  Ceo é o mesmo que dicir fado. Considerada a sucesora de  Amália Rodrigues por non poucos críticos, a súa é, con todo, unha traxectoria única na que se funde a melancolía do portugués coa dozura do galego.

Os seus excepcionais dotes vocais e a súa innata  musicalidad fan dos concertos de María  do  Ceo experiencias fascinantes que mergullan á audiencia na paixón e a tenrura do fado tradicional, pero tamén na personalidade dunha artista singular.

Entrada gratuita.

Organiza: Concello de Verín

 

Domingo día 5 de xaneiro

CABALGATA DE REIS

17:30 h.

Co recorrido habitual, comezando no asilo e terminando no Pavillón Municipal de Deportes. Poderanse recoller os traxes de pastor/a, anxo ou estrela na Ludoteca de Nadal para formar parte da cabalgata acompañando aos reis meigos.

Organiza: Concello de Verín.

 

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>