Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A artista local Aurora López deseña o cartel oficial do Entroido 2020 de Verín
A artista local Aurora López deseña o cartel oficial do Entroido 2020 de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Decembro 2019 15:44

O Entroido 2020 de Verín xa ten imaxe oficial.  O cartel ilustrador de esta edición foi presentado esta mañá na vila do Támega polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a concelleira de Cultura e Festexos, Emilia Somoza, e Aurora López , artista local autora do mesmo.

Tal e como salientou Aurora López durante a presentación, o cartel ten como corpo central unha ilustración onde aparece reflexada a figura principal de Entroido de Verín, o cigarrón, que eleva e enxalza o resto de personaxes presentes na creatividade dos que sae a propia festa, «Dentro de eses personaxes está representado o Entroido máis tradicional e un Entroido máis moderno que conviven perfectamente, e as cores resaltan o ambiente de troula e alegría».


A autora tamén quixo facerlle unha homenaxe a un dos personaxes máis entrañables do noso  Entroido, o recentemente falecido “Toni  Tarrio”. «Mentres debuxaba faleceu Tarrio e quixen homenaxealo incluíndo no cartel unha pluma de faisán como a que el sempre levaba no seu chapeu». Están presentes ademais no deseño certos lugares moi representativos de Verín como son a ponte, a Praza da Mercé ou a Praza do  Cigarrón.

Emilia Somoza, mostrouse moi satisfeita co resultado final do traballo creativo xa que «acada o equilibrio entre deseño e usabilidade que levabamos buscando estes últimos anos co concurso e non terminabamos de conseguir. Realizar o encargo do cartel a un profesional permitiranos extraer desta mesma imaxe o resto de adaptacións para os diferentes medios de comunicación, así como de elementos de merchandising, evitando así teimosos procesos de dixitalización e encargos de deseño diferentes que non fan máis que diluír a imaxe unificada que mostramos ao exterior e aumentan os gastos innecesarios».


Pola súa banda, Gerardo Seoane quixo lembrar que o cartel oficial debe ser un elemento publicitario adaptado aos novos medios de comunicación. «Cremos que cando encargamos o cartel oficial do  Entroido debemos pensar máis na proxección exterior, no que é un anuncio publicitario que consiga  unha imaxe potente e atraente. Neste caso, co deseño de Aurora creo que o conseguimos».


Sobre a autora

Aurora López Pérez, nace en Albarellos de Monterrei, Ourense, no 1971, fórmase con diversos cursos de debuxo e pintura. No ano 1999 chega o mundo da animación 2D formándose e desenrolando o seu traballo dentro do campo da animación.


Realiza en toda a súa vida profesional ata a actualidade diversas exposicións de pintura, tanto en solitario como acompañada de colectivos dos que forma parte. e realiza tamén traballos de cartelismo e deseño gráfico .No ano 2012 e finalista do certame de cartelismo Francisco Mantecón de Terras Gauda .



 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>