Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Nova oportunidade para apuntarse ao curso de interpretación teatral
Nova oportunidade para apuntarse ao curso de interpretación teatral PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Decembro 2019 20:32

O curso de interpretación teatral impartido por Santiago Cañaveral en colaboración co Concello de Verín dende outubro do presente ano ten coma límite un máximo de 36 alumnos. Actualmente, hai 25 alumnos e alumnas aprendendo da labor teatral, polo que aínda quedan once prazas dispoñibles para todos aqueles que estean interesados en inscribirse.

Polo momento existen tres grupos, dous de adultos e un de adolescentes que asisten á aula dos espellos do Pavillón os venres e os sábados, respectivamente. Os novos alumnos poden entrar a formar parte dos grupos xa existentes, pero a intención é formar un grupo de cativos de aproximadamente catro integrantes. O prezo mensual do curso é de 17,50 euros.

Para a inscripción e máis información hai que chamar ao teléfono 600234318 do profesor Santiago Cañaveral.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>