Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Dispositivo especial de seguridade para a cabalgata e gala de Reis 2020
Dispositivo especial de seguridade para a cabalgata e gala de Reis 2020 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Xaneiro 2020 13:30

Co fin de continuar coa liña en materia de seguridade e autoprotección en eventos que conten cunha gran afluencia de público asistente, a Concellería  de Seguridade Cidadá, tráfico e Protección Civil do Concello de Verín preparou un dispositivo de seguridade especial para a Cabalgata e Gala dos Reis Magos, que terá lugar o 5 de xaneiro.


Co obxectivo de evitar posibles incidentes e actuar con eficacia e rapidez ante calquera posible emerxencia, e dun xeito coordinado entre os diferentes equipos de emerxencia, elaborouse un plan de autoprotección no que está incluído o seguinte dispositivo de seguridade para devandito evento:

Cabalgata de Reis:

  • A Cabalgata comezará as 17:00 horas.
  • Percorrido: Casa do Escudo, avenida Luis Espada, rúas Deputación e Irmáns Moreno.
  • Recoméndase que o público non se achegue á carroza para evitar posibles accidentes.
  • O tráfico rodado irase cortando progresivamente por parte da Policía Local co avance da Cabalgata.

 

Gala de Reis (Pavillón Municipal de Deportes):

  • Como o ano pasado, o escenario principal onde se situarán os Reis Magos estará situado nun fondo da pista do Pavillón de Deportes Municipal.
  • Haberá dúas zonas para o público asistente:

- Zona de pista: para persoas con mobilidade reducida, pais e nais que veñan con carrito de bebé e para público en xeral.

- Zona de grada: para público en xeral.

  • Poderá accederse ao pavillón pola porta principal (rúa Irmáns Moreno) e pola porta lateral (rúa José Santamaría).
  • Haberá un aforo limitado non superior ás 2.500 persoas, polo que se recomenda que soamente acuda un adulto por cativo/a, co fin de facilitar o acceso ao máximo número de menores de idade.
  • A apertura das portas será ás 17.15 horas. O público que acceda recibirá unha invitación co fin de controlar o aforo dun modo exacto.
  • Tras a entrega dos agasallos por parte dos Reis Magos, os/as nenos/as e adultos que salgan do recinto non poderán volver a entrar ao mesmo.
  • No interior do pavillón, os corredores e as escaleiras (vías de evacuación) deben quedar sempre libres.

Neste dispositivo haberá uns 20 efectivos conformados por Policía Local e Protección Civil do Concello de Verín. Ditos efectivos contarán cunha ambulancia cedida pola Empresa Ambulancias Sil para o dispositivo especial de seguridade.

Con estas medidas, o Concello de Verín quere velar pola seguridade de todas as persoas que acudan á Cabalgata e Gala dos Reis Magos.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>