Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A primeira edición do MUMI celebrarase en Verín do 12 ao 14 de marzo
A primeira edición do MUMI celebrarase en Verín do 12 ao 14 de marzo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Xaneiro 2020 19:26

Esta mañá presentouse oficialmente o MUMI VERÍN’20, o I Encontro Profesional de Música Galicia - Portugal. A presentación tivo lugar na Casa da Cultura de Verín e contou coa presenza de Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín; Emilia Somoza, concelleira de Cultura de Verín; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Ana Villarino, deputada de Termalismo, Turismo e Medioambiente da Deputación de Ourense; Manuel Vicente "Roxo" (Culturactiva SCG), por parte do MUMI – Galicia; e José Costa (Banzé), por parte de MUMI – Portugal.

O MUMI é o primeiro mercado profesional de música e cultura que se organiza entre os territorios de Galicia e Portugal e está promovido desde unha asociación integrada por empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués; e apoiado polo programa da Xunta 'O teu Xacobeo' co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ámbolos dous países.

O encontro, que se desenvolverá en Verín os días 12, 13 e 14 de marzo, reunirá a artistas e bandas, promotoras, empresas de management, festivais, discográficas, empresas de servizos e produción, etc. para compartir ideas, crear sinerxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

Entre os obxectivos do encontro tamén está fixar unha axenda anual de traballo conxunto a nivel sectorial, empresarial e institucional para converterse no espazo de referencia da actualidade musical de Galicia e Portugal.


Áreas de programación


A feira contará cunha programación profesional que incluirá actividades de formación (técnica, xurídica, marketing), speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, showcases cunha selección de artistas e bandas de Galicia e Portugal, e unha feira sectorial con presenza das empresas das diferentes áreas do sector. O Camiño e o feito do Xacobeo 2021 serán tratados especificamente neste apartado como grandes xeradores de oportunidades para o sector aproveitando o seu patrimonio cultural e os espazos naturais que ofrece. Tamén haberá concertos abertos ao público xeral cunha selección de propostas musicais de diversos estilos e formatos, nunha programación que mesturará os novos valores e as figuras xa consagradas en espectáculos multidisciplinares para público familiar e adulto.

Desde a organización do MUMI en Galicia, Manuel Vicente ‘Roxo’ asegurou que “había tempo que tanto as bandas e artistas como a industria musical galega e portuguesa andabamos á procura dun espazo onde recoñecernos como sector profesional, como xeradores de riqueza e diversidade”. Roxo engadiu que “o MUMI xurde para converterse nunha plataforma de internacionalización das nosas músicas, un espazo onde Galicia e Portugal poidan cooperar directamente, tecendo redes profesionais que fortalezan realmente o sector musical profesional e onde sexamos capaces de xerar sinerxías que repercutan a medio prazo na produción e comercialización das músicas dos dous países”.

Representando á organización do MUMI en Portugal, Zé Costa explicou que hai xa cinco anos que Portugal está traballando na internacionalización da súa música e que “por tanto era necesario este achegamento a Galicia para acabar con este descoñecemento mutuo que acontede ao longo de toda a fronteira con España”. Costa asegurou tamén que o MUMI “vai ser moi importante para a evolución das dinámicas do sector e a vitalidade dos artistas que atopar no MUMI unha experiencia rentable e enriquecedora”

Pola parte das administracións, Diego Lourenzo manifestou que o Concello de Verín se sinte orgulloso de poder acoller esta primeira edición da feira e disposta para seguir prestando toda a súa colaboración e apoio en vindeiras edicións. Ana Villarino, deputada de Turismo e alcaldesa de Oimbra tamén ofreceu a posibilidade de emprazala no concello que goberna e asegurou que “somo concello e comarca raiota e sempre tivemos unha convivenciq económica e social cos veciños de Portugal, para nós hai moito tempo que a raia deixou de existir”. Villarino amosouse convencida de que o MUMI pode atraer outro de tipo de eventos arredor do turismo e a posta en valor do patrimonio de toda a comarca. Por último, asegurou que desde a Deputación vaise seguir apoiando este encontro porque é fundamental apoiar a cultura para mellorar o noso territorio”

Jacobo Sutil, presentando á Xunta de Galicia desde a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), fixo fincapé en que o MUMI “representa o espírito do Xacobeo porque é un proxecto participativo, descentralizado e sustentable, tal e e como se pretende desde o programa ‘O teu Xacobeo’ no que está enmarcado. Sutil tamén quixo poñer en valor o traballo de coorganización  exitosa levado a cabo polas empresas promotoras de ambos territorios e desexou que esta sexa a primeira de moitas edicións.


Inscricións abertas


Roxo anunciou que xa está aberto o prazo de presentación de propostas artísticas para participar no encontro. As inscricións poden facerse a través da web mumimusicas.eu ata o 11 de febreiro, e poden presentarse todas as bandas ou artistas de Galiza e Portugal que teñan un proxecto musical de carácter profesional, independentemente do tipo de formación ou estilo. As bases completas poden consultarse na web do encontro. O representante da organización do MUMI apuntou tamén que “as propostas participantes serán escollidas por profesionais do sector, seguindo non só criterios de calidade, senón tamén de viabilidade dentro dos propósitos e características da feira”. A programación de showcases que resulte desta selección será comunicada o 24 de febreiro.




 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>