Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O artesán verinés Gerardo Fernández é o autor do Premio do Público do FIC Verín 2020
O artesán verinés Gerardo Fernández é o autor do Premio do Público do FIC Verín 2020 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Agosto 2020 12:19

 Gerardo Fernández, artesán de Verín, foi o encargado de deseñar o Premio do Público que se vai entregar no decurso do FIC Vía XIV 2020, que se celebrará na vila do Támega entre o 5 e o 13 de setembro. O ebanista e escultor quere, con este deseño, honrar a memoria do seu fillo Gerardo Fernández Pousada, “Geri”, finado hai tres anos, xunto ao cal creou a emblemática firma Ciclowood. Unha empresa que se adicou a producir bicicletas de madeira de xeito artesanal, con moita demanda en todo o mundo.

O deseño deste premio recrea unha bicicleta e unha cámara para “evocar o cinema” e, ao mesmo, tempo render tributo ao seu fillo “coa recreación dun elemento que el levaba moi dentro”. Para o autor do Premio do Público, “o FIC e Ciclowood comparten un grande elemento común: quixeron e queren levar o nome de Verín a todos os cantos do mundo, o máis lonxe posible”.

Humildade e agradecemento

Gerardo Fernández sinala que está seguro de que o seu fillo tería aplaudido enormemente a iniciativa de deseñar este premio e teríao feito “con humildade e agradecemento, porque eran dúas das súas características máis significativas”.

O Premio do Público e outorgado cada ano polos asistentes ás diversas sesións do FIC Vía XIV que, coas súas puntuacións, valoran cal é a curta merecente deste galardón.

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>