ACTUALIZACIÓN | Novas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín |
|
|
|
Xoves, 05 Novembro 2020 12:47 |
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar a ORDE do 4 de novembro de 2020 e o Decreto 179/2020, documentos que explican as medidas de prevención adoptadas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no Concello de Verín.
- As restricións aplicaranse, de momento, durante un mes, a partir do sábado 7 de novembro ás 00,00 horas.
- Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial doConcello de Verín, salvo por motivos xustificados.
- Restrínxense as actividades non esenciais.
- Pecha a hostalería a excepción do servizo a domicilio e para levar.
- Reunións sociais limitadas a só conviventes, sen límite de persoas.
- Seguen permitidos os movementos laborais, educativos, de coidados e sanitarios fora do Concello de Verín
- Para non federados, A práctica de deporte queda restrinxida ao exercicio individual ou con conviventes
- Cinemas, teatros, auditorios reducen o seu aforo a 30 persoas en interior e 75 en exterior.
É importante deixar claro que non hai confinamento domiciliario. É dicir, podes saír de casa con total liberdade, sempre baixo o criterio das normas vixentes de mobilidade e reunión.
Consulta todas as medidas no DOG:
Dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas.
Está nas nosas mans. Sigamos as recomendacións das autoridades sanitarias.
#FainoPorTi #fainoportodos
Lembra a norma das 3 M
Máscara
Mans limpas
Manter a distancia de seguridade |