A Fundación Juana de Vega lanza o programa de apoio a emprendedores e empresas do sector agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro galego |
![]() |
![]() |
![]() |
Xoves, 12 Novembro 2020 12:32 |
Emprendemento: axudar aos emprendedores a desenvolver as súas ideas empresariais, convertelas en proxectos empresariais e realizalas en empresas reais, innovadoras e competitivas. Crecemento e Consolidación: axudar a empresas existentes (autónomos, MicroPEMES e PEMES) a desenvolver e/ou consolidar os seus proxectos empresariais tratando de mellorar o seu funcionamento mediante a tutorización na toma de decisións en distintos ámbitos do negocio. Poderán participar en calquera das modalidades do IX PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS, tanto as empresas xa existentes como as novas iniciativas empresariais nos campos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro, ou outros sectores relacionados cos anteriores, que se desenvolven no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia. Poden participar na modalidade de emprendemento aqueles que queiran crear novas empresas ou iniciar iniciativas empresariais:
Os candidatos deben ser maiores de idade, residentes en Galicia, cun bo nivel de xestión do paquete Microsoft Office, buscadores en internet, algo de coñecemento do sector e sobre todo, cunha alta participación no seu proxecto. Poderán participar na modalidade de Consolidación aquelas empresas que estean en funcionamento e precisen:
Será un requisito indispensable que os proxectos teñan un responsable de desenvolvemento dentro da empresa, que será o encargado de participar no programa. En cada unha das modalidades, seleccionaranse empresas ou emprendedores tendo en conta o seu grao de compromiso ou implicación coa iniciativa empresarial, a orientación ao mercado e o seu compromiso de poñer en valor os recursos do territorio. INSCRÍBETE! programa.juanadevega.org PRAZO ABERTO ATA O 30 DE NOVEMBRO DE 2020 Para máis información consulta as bases do programa en: programa.juanadevega.org |