O comité clínico de expertos que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia acaba de levantar as restricións especiais en Verín.
Isto quere dicir que, a partir do xoves ás 00:00 horas volven a rexer as medidas de nivel 2.
¿Que supón o nivel 2? SUPRÍMESE o peche perimetral.
REUNIÓNS limitadas a 6 persoas máximo de persoas non covivientes
AFOROS: comercios, lugares de culto e restaurantes do 50%.
HOSTALERÍA
- Poderán reabrir o interior dos seus locais, pero co seu aforo á metade, e as terrazas, cun 75 % da súa ocupación.
- Prohibido consumir nas barras dos bares.
VELATORIOS E ENTERROS:
- Interiores: máximo 10 persoas
- Exteriores: máximo 25 persoas
EVENTOS DEPORTIVOS:
- Aire libre: ata 150 persoas
- Espazos cubertos: ata 60.
ESPECTÁCULOS, TEATRO E CINE
- Interiores: ata 60
- Aire libre: ata 150
TOQUE DE QUEDA: entre as 23:00 e as 6:00 horas.
Estas medidas publicaranse mañá no Diario Oficial de Galicia, momento no que ampliaremos información.
Agora máis que nunca, dende o Concello de Verín pedimos responsabilidade e #sentidiño a todos os veciños e veciñas. Está nas nosas mans.
#FainoPorTi #fainoportodos
Lembra a norma das 6 M
• 1 Máscara. Uso de máscara todo o tempo posible.
• 2 Mans. Lavado de mans frecuente.
• 3 Metros. Mantemento da distancia física de máis de 1,5 metros.
• 4 Maximizar ventilación e actividades ao aire libre. Manter as xanelas e portas abertas na medida en que sexa seguro e factible segundo a temperatura.
• 5 Minimizar o número de contactos, preferiblemente sempre os mesmos.
• 6 QuédoMe na casa se teño síntomas, diagnóstico ou contacto.
|