ESTREA | Vídeo promocional "Xuntxs, é o momento de apoiarnos" |
Venres, 18 Decembro 2020 15:51 |
Hoxe, ás 21:00 horas, estrearase o novo vídeo promocional do Concello de Verín realizado coa finalidade de incentivar o consumo local e reactivar unha economía mermada polos efectos da Covid-19. "Xuntxs, é o momento de apoiarnos" é o lema que funciona como reclamo do novo vídeo promocional producido por El ojo de Iris para o Concello. Esta iniciativa forma parte das accións de apoio ao Comercio Local implementadas polo grupo de goberno, a través da área de Promoción do Comercio Local, e que comprende un amplo paquete de medidas coas se pretende reactivar e poñer en valor a actividade comercial da nosa vila.
|