A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, conecta emprendedores de Galicia e Norte de Portugal |
Martes, 22 Decembro 2020 10:35 |
A Eurocidade Chaves-Verín, organizou o día 19 unha xornada virtual de creatividade denominada "Fronteira de Oportunidades" na que os participantes expuxeron conxuntamente novas solucións empresariais transfronteirizas en sectores como o turismo, o comercio e a hostalería. A presentación da xornada estivo a cargo de D. Francisco Melo, Vice-Presidente da Cámara Municipal de Chaves e Pablo Rivera, Director Executivo da Eurocidade. A actividade tamén contou coa colaboración especial de Rubén Riós, emprendedor creativo e social. Actor, director e produtor de contidos audiovisuais. Nesta actividade estiveron presentes 40 participantes que desenvolveron ideas en pequenos equipos, compostos por participantes de Portugal e España, apostando pola creación de redes de contactos transfronteirizos colaborando no deseño de propostas comúns. A Eurocidade Chaves-Verín, AECT, organizará en 2021 baixo o mesmo concepto Fronteira de Oportunidades un conxunto de actividades en liña gratuítas destinadas a impulsar a actividade económica a través dunha aposta pola internacionalización local, co fin de mostrar as posibilidades de negocio entre dous lados da Raia Luso-española. Estas actividades englobarán outras accións que teñen como obxectivo dar a coñecer os aspectos esenciais a todo aquel que pretenda seguir avanzando nos procesos de internacionalización entre España e Portugal, así como atopar outros emprendedores que pretendan establecer contactos transfronteirizos. Estas actividades levan a cabo no marco do proxecto EUROCIDADE_2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, con cofinanciamento do FEDER.
|