ACTUALIZACIÓN COVID-19|| A Xunta de Galicia eleva a todos os concellos ao nivel extremo de restricións |
|
|
|
Luns, 25 Xaneiro 2021 17:48 |
En vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, o comité clínico da Xunta de Galicia hoxe decidiu elevar a totalidade de concellos de Galicia a un nivel extremo de restricións que busca reducir ao mínimo a interacción social.
Estas restricións estarán vixentes, como mínimo, durante tres semanas: desde a medianoite de mañá martes ao mércores ata o 17 de febrero ás 00:00 horas:
- Interaccións sociais limitadas a convivintes, agás nas actividades xustificadas..
- Mobilidade reducida ao propio concello, agás cando non quede máis remedio (ir ao traballo, a un centro sanitario ou a un centro docente).
- Toque de queda: 22,00 ata as 6:00 horas.
- Peche da hostalería, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laboráis.
- Deporte restrinxido as actividades de forma individual ao aire libre, no propio concello e SEMPRE con máscara. Tamén pechan os ximnasios.
- Suspéndese a actividade en calquera establecemento cultural ou de espectáculos.
Actividades esenciais permitidas (*con condicionantes).
- Sanidade.
- Educación.
- Coidado de maiores e menores.
- Traballo.
- Comercio.
* Condicionantes.
- Seguen interrompidas as visitas aos enfermos nos hospitais, agás nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores.
- As universidades non reanudarán as clases ata o día 8 de febreiro e de 8 a 17 de febreiro serán en liña.
- Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc.
- Comercio non esencial: aberto ata as 18,00 horas.
- Centros comerciais: pechados a fin de semana.
|