ACTUALIZACIÓN COVID-19 | Verín pasa a nivel medio de restricións mañá luns |
|
|
|
Domingo, 25 Abril 2021 17:16 |
En vista da actual evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as novas medidas de prevención destinadas a evitar a propagación da COVID-19 en #Galicia. Segundo o decretado, o Concello de Verín pasa a nivel medio de restricións.
As novas medidas entrarán en vigor a partir de mañá luns 26 de abril, ás 00:00 horas. Ás principais novidades son as seguintes:
- HOSTELERIA: 30% interior e 50% exterior.
- LUGARES DE CULTO: ao 50%.
- MERCADOS AIRE LIBRE: Con menos de 150 postos, aos 100%
- XIMNASIOS E PISCINAS: 30% de aforo da sala e 30% de aforo en vestiarios.
- ACTIVIDADES DIRIXIDAS: un máximo 4 persoas (máis monitor) en interior e de 6 en exterior.
- EVENTOS DEPORTIVOS CON PÚBLICO: ao 30% cun máximo de 250 en interior e 500 en exterior.
- BIBLIOTECAS: ao 30% da súa capacidade.
- AUDITORIOS CINEMAS E TEATROS: ao 30%, máximo 250 persoas en interior e 500 en exterior.
Máis información no DOG: https://cutt.ly/Gv3sZxt
Resumo medidas nivel medio de restricións: https://cutt.ly/nv3s2En
|