Un innovador curso de guion en cinema, entre as actividades paralelas máis sobranceiras na VI edición do FIC Vía XIV |
![]() |
![]() |
![]() |
Venres, 07 Maio 2021 10:08 |
A iniciativa está aberta a todas as persoas, de calquera idade, interesadas en contar unha historia e estruturase en tres fases. A primeira delas consistirá nunha clase maxistral telemática, que se realizará a principios de xuño, na que os inscritos poderán coñecer de primeira man certos aspectos xerais relacionados co guion cinematográfico: que é un guion, como se realiza, como se estrutura e como se ordena a idea. A segunda fase afondará nos aspectos técnicos do guión: como se desenvolve, xiros, relevancia dos diálogos, ritmo e tono. Esta segunda fase tamén se realizará de xeito telemático, uns 15 días despois da primeira. Tras estas clases maxistrais, os inscritos terán case dous meses para desenvolver un guion de seu e xa na semana do festival haberá titorías individualizadas de estudo do material creado por parte de Ángel Manzano. Os interesados e interesadas en participar nesta iniciativa, que ten un máximo de seis prazas limitadas, poderán inscribirse enviando un email cos seus datos a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . O custe é tan só de 30 euros ao estar subvencionada, na súa maior parte, pola organización do Festival.
|