Verín pasa a nivel medio-baixo de restricións |
|
|
|
Xoves, 13 Maio 2021 19:04 |
En vista da actual evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia as novas medidas de prevención destinadas a evitar a propagación da COVID-19 en #Galicia. Segundo o decretado, o Concello de Verín pasa a nivel medio-baixo de restricións.
As novas medidas entrarán en vigor a partir de mañá venres 13 de maio, ás 00:00 horas. Ás principais novidades son as seguintes:
- HOSTELERIA: 50% interior e 75% exterior.
- LUGARES DE CULTO: ao 50%.
- MERCADOS AIRE LIBRE: Con menos de 150 postos, aos 100%
- XIMNASIOS E PISCINAS: 50% de aforo da sala e 30% de aforo en vestiarios.
- ACTIVIDADES DIRIXIDAS: un máximo 4 persoas (máis monitor) en interior e de 6 en exterior.
- EVENTOS DEPORTIVOS CON PÚBLICO: ao 50% cun máximo de 500 en interior e 1.000 en exterior.
- BIBLIOTECAS: ao 30% da súa capacidade.
- AUDITORIOS CINEMAS E TEATROS: ao 30%, máximo 500 persoas en interior e 1.000 en exterior
Lembra que Galicia xa NON está pechada perimetralmente. - ELIMÍNASE o toque de queda, agás para os concellos en nivel máximo.
- Máximo 6 persoas en exterior y 4 en interior. - Prohibidas as reunións de non conviventes entre a 01:00 e as 06:00 horas.
Máis información no DOG: https://cutt.ly/3bJgJBs
Resumo medidas nivel medio-baixo de restricións: https://cutt.ly/qbJgAMP
|