Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas LECTURA NAS REDES | LETRAS GALEGAS 2021
LECTURA NAS REDES | LETRAS GALEGAS 2021 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Maio 2021 08:19

Un ano máis, o Concello de Verín, coa colaboración de GADIS, organizou os xa tradicionais Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. Actividades que procuran enriquecer a celebración do Día das Letras Galegas na vila e que este ano contou cunha “Lectura nas redes” dos relatos gañadores como sustitución á habitual Gala de entrega de premios.


Dende o Concello de Verín, debido á actual situación sanitaria e as dificultades para organizar unha gala que habitualmente concentra a centos de pais e nais, optouse este ano por dixitalizar o formato dos certames cunha “Lectura nas redes” na que os gañadores de cada categoría puideron mostrar as súas obras.

Nas gravacións, que se poden visualizar dende o día de hoxe nas redes sociais oficiais do Concello de Verín, participaron as gañadoras de cada categoría. Unha experiencia que permitiu ao alumnado transformarse nos verdadeiros protagonistas da actividade. O resultado foron dous vídeos, un por certame, no que as protagonistas empoderan o seu talento literario ante a cámara para trasladar as súas obras dun xeito íntimo e directo.  “Neles plasman os seus sentimentos (...), é unha viaxe pola imaxinación. Debemos resaltar ese traballo adicional e positivo tanto para a creación literaria como para a normalización lingüística. É digno de mencionar o esforzo que fan nos centros para que creen e traballen os rapaces na creación literaria” - Serafín Vázquez Álvarez

Os gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez foron Catalina González Álvarez (Primaria), Zoe Oliveiros Fernández (1º e 2º ESO), Rodrigo González Álvarez (3º 4º ESO). E no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, as gañadoras foron Mariña García Airabella (Primaria), Sara Pérez González  (1º e 2º ESO) e Ágatha Borrul Prieto (3º 4º ESO).


LECTURA NAS REDES | CERTAMEN DE POESÍA XOSE CARLOS CANEIRO


LECTURA NAS REDES | CERTAMEN DE RELATO CORTO ANTONIO PÉREZ FERNÁMNDEZ

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>