Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O FIC Vía XIV de Verín acollerá na súa sesión inaugural a preestrea en Galicia do documental Tierra de Leche y Miel
O FIC Vía XIV de Verín acollerá na súa sesión inaugural a preestrea en Galicia do documental Tierra de Leche y Miel PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Maio 2021 12:28

 O FIC Vía XIV de Verín acollerá, no marco da súa sexta edición que se celebrará a comezos de setembro, a preestrea  en Galicia do documental Tierra de leche y miel, dirixido polo verinés Héctor Domínguez-Viguera xunto a Gonzalo Recio e Carlos Mora. Un traballo que gañou a sección DOC na 65 edición do festival Seminci de Valladolid e cuxo equipo directivo está moi ligado ao Festival Internacional de Curtas de Verín, que co seu patrocinio contribuiu a facer posible este documental.


Ademais, o seu equipo de rodaxe impartiu hai uns anos, no marco do FIC Vía XIV, unha masterclass na que abordou a problemática de construción dunha obra cinematográfica. O documental será posteriormente estreado, de xeito oficial na Comunidade Autónoma, no Festival Play-Doc de Tui.


Cinco capítulos

O traballo está dividido en cinco capítulos e un prólogo e fai un retrato real e cru das cicatrices, efectos e salpicaduras dunha guerra: os mortos, o trauma, a pena, a incertidume e, en especial, os desprazamentos. Mediante unha técnica moi lograda, o traballo afonda, dun xeito case poético, na cotidianeidade dunhas personaxes que viven nun conflito bélico.

Para un dos directores deste traballo, o verinés Héctor Domínguez-Viguera é “un motivo de inmensa alegría” poder preestrear a obra en Galicia “no marco do FIC Vía XIV” e poder “compartir con familiares, amigos e coñecidos” as súas impresión sobre o documental. Xunto a isto, aspira a que o público poida afondar no coñecemento dunhas personaxes que a todo o equipo técnico impresionaron notablemente xerando neles un “sentimento transformador”.

A preestrea deste documental, que se proxectará na xornada inaugural do FIC Vía XVI de Verín, constitúe a segunda das actividades paralelas confirmadas para a VI edición do certame, logo de que recentemente se anunciara a celebración dun obradoiro de guion de cine.




 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>