Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Concello de Verín renova os seus parques infantís
Concello de Verín renova os seus parques infantís PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Maio 2021 10:32

 O Concello de Verín vén de anunciar o inicio da primeira fase do plan de renovación, mantemento e mellora dos parques infantís do municipio, cuxo obxectivo é incrementar a seguridade dos usuarios, fomentar a accesibilidade e rehabilitar o mobiliario danado. Para isto, substituiranse un total de 1.500 m² de chan dos seus parques infantís por caucho continuo e realizaranse os labores de mantemento e reparación de todas as zonas de xogo que así o precisen.

Segundo informou esta mañá o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, tras realizar un estudo pormenorizado do máis trinta parques infantís do casco urbano, centros educativos públicos e  pobos do municipio, «poñeremos en marcha unha batería de accións de mellora entre as que se incluirán a substitución dos cauchos amortecedores de caídas que estean desgastados por caucho continuo, a actualización dos xogos infantís danados, así como os labores de mantemento e reparación de todas as zonas de xogo que así o precisen».

Seoane tamén quixo puntualizar que o importe necesario para a realización deste plan de renovación integral, que supoñerá un investimento total de 100.000 euros, estará incluído nunha nova modificación de crédito orzamentario.

Pola súa banda, o concelleiro responsable da área de Mocidade, Diego Lourenzo Moura, explicou que con este plan búscase atender, de maneira integral e ordenada, á vixente petición veciñal de actualización das zonas de xogo infantís de competencia municipal. «É de vital importancia dotar a todas as zonas de esparexemento infantil da vila e pedanías dunha mellora integral e equitativa. Debemos lembrar a importancia que teñen estes parques para os nosos menores xa que, ademais de ser espazos de lecer e diversión ao aire libre, compren un papel fundamental no desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas».

Melloras nas zonas deportivas exteriores

Desde o Concello de Verín, tamén se informou esta mañá que -nesta mesma liña de traballo- procederase á adecuación de varias das zonas deportivas exteriores municipais, realizado labores de mantemento do mobiliario deportivo, así como de substitución dos firmes deteriorados.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>