Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aberto o prazo de inscrición da Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” - Campamento urbano “Támega” - 2021
Aberto o prazo de inscrición da Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” - Campamento urbano “Támega” - 2021 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Maio 2021 12:26

O luns 24 de maio ábrese o prazo de inscrición da Ludoteca de verán “Convive en Igualdade”, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada a menores de 3 a 10 anos; e o Campamento urbano “Támega” para menores con idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos.


Este servizo, que busca cubrir o tempo vacacional da mocidade, comezará o 23 de xuño e finalizará o 7 de setembro; de luns a venres, con variedade de horarios, con distribución por idades e contratación de persoal cualificado fomentando o emprego xuvenil - nove monitores e monitoras de tempo de lecer, ademais doce xoves de voluntariado xuvenil e contamos co persoal en prácticas.

Ao igual que estes pasados anos hai un amplo abano de horarios e prezos.



A Ludoteca de Verán é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos - O Campamento Urbano está destinado a menores de 11 a 15 anos-  que se realizará nas instalacións do CEIP Princesa de España,  e nas dependencias municipais do Pavillón da Granxa e Pavillón de Deportes.

Para os menores de 3 a 10 anos, algunhas das actividades que se desenrolarán son: animación á lectura e contacontos, piscina, cine infantil, obradoiros medioambientais, de refugallo, de igualdade, día da fotografía, día do emoticono, día internacional da amizade, San Xoán, día dos avós, día de Galicia, xogos de auga, serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos e cativas.

Para os menores de 11 a 15 anos acampadas nocturnas, rutas de sendeirismo, xogos olímpicos, xogos tradicionais, piscina, piragüismo, obradoiros de pintura, saídas ao río, skatepark, bicicletada, ximcanas por Verín…

As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información  Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:30 a 14:00 horas. Preferencia para pais/nais que teñan que conciliar vida laboral e familiar e familias monoparentais  por orde de inscrición e pago ata cubrir  prazas.   Para máis información contactar no 988-414776.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>