Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A “Escola de Verán 2021” do Concello de Verín abre o prazo de inscrición
A “Escola de Verán 2021” do Concello de Verín abre o prazo de inscrición PDF Imprimir Correo-e
Luns, 31 Maio 2021 11:34

 Dende a Área de Mocidade do Concello de Verín organízase, un ano máis, o programa deportivo "Escola de Verán" e infórmase que a partir do 1 de xuño ábrese o seu prazo de inscrición. A “Escola de Verán” é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumple a súa 23ª edición e que se desenvolverá desde o xoves 1 de xullo ata o martes, 31 de agosto, destinada a un máximo de 200 menores nados dende o 2007 ata o 2017.


As actividades que conforman este programa deportivo estarán organizadas baixo as estritas medidas de seguridade Covid-19 que marquen as autoridades sanitarias en cada momento. Este ano, como principal novidade, a organización amplirá o seu horario con finalidade de adaptarse, na medida do posible,  ás necesidades de conciliación laboral que teñen as familias. Deste xeito, a Escola de Verín desenvolverase de luns a venres, dende as 09.00 ás 14.00 horas. As modalidades de participación serán as seguintes:

Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres) *

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.

Actividades: xogos predeportivos, rotas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas.


Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns-mércores-venres) *

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.

Actividades: actividades deportivas de fútbol, fútbol-sala e acuáticas ao aire libre.



Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres) *

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.

Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, teatro, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas

 

Grupo Mixto de 5 días/semana (luns a venres) *

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Pavillón Municipal de Deportes/Polideportivo A Garnxa e piscinas de A Granxa.

Actividades: Combina a asistencia ao grupo de fútbol/fútbol sala (luns, mércores e venres) e o grupo xeral (martes e xoves).

(*) O primeiro día da escola de verán (1 de xullo) farase unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes no Pavillón de Deportes ás 09.00 horas. Ao rematar a xuntanza, os menores irán as Piscinas descubertas en réxime normal de participación activa na actividade.

Ademais, para ofertar unha actividade totalmente acorde ás necesidades das familias, pódese elixir a temporalidade que se desexe (quincena, mes ou a actividade completa) sen compromiso. Os seus prezos están estipulados do vindeiro xeito:


A inscrición realízase presencialmente nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno, 13), en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben remitindo un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Para formalizar as inscricións nesta actividade, compre entregar a seguinte documentación:

  • Folla de solicitude, Declaración de responsabilidade e os Consentimentos,
  • Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de pagamento das taxas en Caja Rural de Zamora (ES82 3085 0082 57 2197715622).
  • Acreditar a condición de eurocidadán/empadroado do menor se se quere acceder ao pagamento reducido.

 

 

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>