O Concello de Verín únese á celebración do día do orgullo LGTBI colgando unha bandeira na casa consistorial |
![]() |
![]() |
![]() |
Luns, 28 Xuño 2021 08:27 |
A día de hoxe, os Gobernos locais españois estamos á vangarda no recoñecemento legal dos dereitos do colectivo LGTBI pero lamentamos que o recoñecemento destes dereitos non se producira aínda a nivel universal, nin de maneira plena. Por esta razón, o Concello de Verín, como mostra da súa unión ao proxecto da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) súmase, coa colocación da bandeira, ás voces que chaman por un futuro en igualdade de todas as persoas, ao marxe da súa identidade sexual e/ou xénero e da súa orientación sexual. |