O Concello de Verín abre a inscrición para un curso de Ximnasia Rítmica |
![]() |
![]() |
![]() |
Sábado, 02 Outubro 2021 11:01 |
Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán enviar asinada a documentación anexa ao final deste artigo ao mail das escolas deportivas: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . No caso de non enviar algún dos documento solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva. Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564. As actividades que englobarían este club estarán destinadas a menores de entre 4 e 16 anos, divididos en dous grupos: os menores de 4 a 6 anos poderán gozar de actividades físicas de base, mentres que aqueles que teñan entre 7 e 16 practicaran a modalidade de ximnasia rítmica. Entre os beneficios deste deporte podemos atopar a mellora da condición física e da flexibilidade e a estimulación da coordinación e da concentración. Axuda a conectar co espazo e o tempo, a coñecer o propio corpo e os seus movementos e a corrixir malas posturas. Trátase dunha actividade física completa que se converte nunha alternativa perfecta para que os máis pequenos se manteñan activos mellorar así a súa calidade de vida. DOCUMENTOS: - Autorización Mensaxería e Imaxes - Declaración de resposabilidade - Ficha inscripción EDC Verín Ximnasia |