Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín retoma en xaneiro as súas Xornadas de Novela Negra
A Biblioteca de Verín retoma en xaneiro as súas Xornadas de Novela Negra PDF Imprimir Correo-e
Venres, 12 Novembro 2021 12:16

 Tras un parón obrigado provocado pola Covid-19, a Biblioteca Municipal de Verín retoma en xaneiro as que serán as IV Xornadas de Novela Negra. Baixo o título “Personaxes de novela”,  nesta nova edición combinarase o mundo de ficción novelesca coa realidade a través das experiencias de personaxes reais que, a súa vez, teñen un importante papel nas novelas deste xénero literario.

Devanditas xornadas, que terán lugar o venres 21 e sábado 22 de xaneiro de 2022 no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín,  serán coordinadas, dirixidas e presentadas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín e contarán coa participación de profesionais da talla de Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Victor Souto, comandante da Garda Civil - xefe da sección de Homicidios, Secuestros e Extorsións (UCO); María Berta Rodríguez, médico forense e subdirectora territorial de A Coruña do Instituto Médico Legal de Galicia; e dos escritores Arantza Portabales e Alejandro Corral.

Para rematar as xornadas haberá unha mesa redonda dirixida por Rafael Cid, director Centro Territorial. de RTVE Galicia, onde participarán todos os relatores das xornadas.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>