Curso online 'Localizando a Axenda 2030' do Fondo Galego |
![]() |
![]() |
![]() |
Xoves, 27 Xaneiro 2022 13:10 |
O curso estrutúrase en catro módulos de dúas semanas cada un titorizados por persoas expertas na materia, que abordarán a orixe e contidos da Axenda 2030, a implementación dos ODS no eido local, a cooperación descentralizada ou as estratexias de comunicación e casos prácticos. Cada tema contará cun documento explicativo e cunha sesión de videoconferencia. A inscrición permanecerá aberta ata o 21 de febreiro. Inscricións: http://bit.ly/Curso2030ed3 +info: https://bit.ly/34cfsE8 |