Mañá xoves 26 de maio o Concello de Verín abre o prazo de inscrición da ludoteca de verán “ Convive en Igualdade”, actividade destinada a menores de 3 a 10 anos, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Este servizo de conciliación familiar, que busca cubrir o tempo vacacional dos cativos e cativas, comezará o 27 de xuño e finalizará o 7 de setembro. Estará dispoñible de luns a venres, con variedade de horarios, con distribución por idades e contratación de persoal cualificado fomentando o emprego xuvenil (dous monitores e monitoras de tempo de lecer, ademais de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas).
Ao igual que estes pasados anos ofertaranse un amplo abano de horarios e prezos:
PREZOS E HORARIOS:
HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS
|
EMPADROADOS
|
NON EMPADROADOS
|
SERVIZO COMPLETO
|
133
|
163
|
1 MES + 1 SEMANA
|
67
|
97
|
QUINCENA
|
55
|
85
|
SEMANA
|
25
|
55
|
DÍAS SOLTOS
|
7
|
12
|
HORARIO DE 8:00 A 14:30 HORAS
|
EMPADROADOS
|
NON EMPADROADOS
|
SERVIZO COMPLETO
|
159
|
198
|
1 MES + 1 SEMANA
|
80
|
110
|
QUINCENA
|
60
|
96
|
SEMANA
|
30
|
60
|
DÍAS SOLTOS
|
9
|
14
|
A Ludoteca de Verán é un espazo de conciliación familiar destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, que se realizará nas instalacións do CEIP Princesa de España e nas dependencias municipais Pavillón da Granxa e Pavillón de Deportes.
As actividades que se desenrolarán son, entre outras: animación á lectura e contacontos, (contos clásicos e cómics para poñer en valor a lectura e os libros), piscina, cine infantil, obradoiros medioambientais, de refugallo (para concienciar da importancia da reciclaxe, realizando actividades coa axuda de materiais cotiás), día da fotografía, día do emoticono, día internacional da amizade, día de Galicia, xogos de auga, día da música, día da Igualdade, día da froita, mini olimpíadas campistas, serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos/as.
Por outra banda, este ano recuperaranse festas que pola pandemia non puideron celebrarse, como o San Fermín, Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eivisenca, Festa Pirata, Festa Flamenca; visita ao Parque de Bombeiros, festa da escuma, actividades coa Cruz Vermella, Visita as Instalacións da Policía Local, o día do Avó e da avoa, e o desfile da Ludobatucada, no que eles mesmos realizarán os seus disfraces.
Tamén haberá novas e divertidas actividades: bailes tic toc, Ludofashion Day, xogo das chapas, zumba kids, obradoiro de máscaras, festival de cinema infantil, etc.
As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:30 a 14:30 horas. Preferencia para pais/nais que teñan que conciliar vida laboral e familiar e familias monoparentais por orde de inscrición e pago ata cubrir prazas. Para máis información contactar no 988-414776.
|