Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas 'Xornada informativa sobre a implantación do SICTED en Ourense Termal', organizada pola Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo
'Xornada informativa sobre a implantación do SICTED en Ourense Termal', organizada pola Deputación de Ourense, Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Xullo 2022 10:33

 O vindeiro martes 5 de xullo, ás 10:30 horas, terá lugar en Verín a primeira xornada informativa sobre a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) de Ourense Termal, conformado polos 15 municipios termais rurais da provincia, que nace co obxectivo de adherir empresas e servizos turísticos da contorna da comarca Verín Monterrei que forman parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal. Este execútase co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo e o propio goberno provincial.

O obxectivo desta actuación é implantar unha metodoloxía desenvolvida pola Secretaría de Estado de Turismo para os servizos turísticos públicos e privados, que contribúe a través de boas prácticas a mellorar a satisfacción do cliente en particular e o posicionamento do destino en xeral.

A finalidade das sesións informativas é captar empresas e servizos turísticos que se adhiran ao Sistema, e que pasan a ser beneficiarias dun proceso de formación, asesoría e avaliación para chegar á certificación e obtención do distintivo de "Compromiso de Calidade Turística".

Todo o proceso farase con cargo ao PST en Ourense Termal e por tanto gratuíto para as empresas e outros servizos turísticos, sendo ata 36 tipos os que poden ser beneficiarios (aloxamentos, restauración, visitas guiadas, museos, oficinas de turismo ou transporte).

Mais información nos teléfonos 988 065 631 ou 636 913 294

( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo )

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>