Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas XVIII foro da Igualdade “Rompendo o teito de cristal”
XVIII foro da Igualdade “Rompendo o teito de cristal” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Xullo 2022 11:31

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), vai levar a cabo esta primeira fin de semana do mes de xullo a XVIII Edición do FORO DA IGUALDADE que este ano leva por título “ROMPENDO O TEITO DE CRISTAL”.


Terá lugar no Auditorio Municipal de Verín durante as xornadas do sábado e domingo a partir das 10.00 h. Dúas xornadas de reflexión sobre a violencia machista de cáracter estructural a través das experiencias profesionais e persoais de mulleres que conseguiron romper o teito de cristal en distintos eidos (político, científico, asociacionismo, deportivo). Unhas xornadas moi completas cunha amplia variedade de ponentes (15 mulleres repartidas en diferentes mesas de experiencias e charlas-coloquio)  e nas que ademais FEMURO creará referentes entre o público infantil durante unha xornada que terá lugar o sábado pola tarde coa actividade: “Mates nas mans” e a actuación musical “As Travesas”.


FEMURO leva xa 18 anos realizando este foro que ten como obxectivo:  VISIBILIZAR E REFORZAR O TRABALLO QUE VEÑEN REALIZANDO AS ENTIDADES A FAVOR DA IGUALDADE, así como mostrar e impulsar iniciativas que favorezan a igualdade real entre mulleres e homes

Este foro vai dirixido principalmente ás socias das 68 asociacións de mulleres rurais adheridas a FEMURO de diferentes territorios da provincia de Ourense, ademais por segundo ano consecutivo ábrese á poboación en xeral e pódese asistir ao mesmo tanto presencialmente (previa inscripción) como visualizalo en directo en streaming a traves da canle de youtube FEMURO Verin Ourense. Este foro ten carácter gratuíto e está enmarcado dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Mº Igualdad e SXI da Xunta de Galicia)

Presencialmente hai inscritas arredor de 150 persoas ás que se sumarán as persoas que se conecten en streaming.

O Foro dará comezo o sábado día 2 de xullo ás 10.00 horas no Auditorio Municipal de Verín coa recepción e entrega de material ás participantes. A inauguración do mesmo estará a cargo de Dna. Susana López Abella, Secretaria Xeral da Igualdade de Xunta de Galicia que tamén participará como ponente na mesa adicada ás mulleres na política. Esta xornada do sábado estará formada por unha introdución sobre o concepto “Teito de Cristal” e posteriormente haberá tres mesas de experiencias durante toda a mañá e tarde (Mulleres na Política, Mulleres na ciencia, Mulleres no asociacionismo) (VER LISTADO DE PONENTES NO PROGRAMA ADXUNTO)

De forma paralela o sábado ás 16.30 h os mais pequenos poderán desfrutar da actividade infantil “Mates nas mans” a cargo de Trinidad Perez, docente en matemáticas no IES nº1 de Ordes.

xornada do domingo día 3 de xullo a abrirá Dna. Emilia Somoza Basalo, representante do Concello de Verín e abarcará unha mesa de experiencias das mulleres no deporte, un coloquio con empresarias galegas e ademais unha charla a cargo dunha peliqueira de Laza. (VER LISTADO DE PONENTES NO PROGRAMA ADXUNTO)

A clausura das xornadas terá lugar as 13.30 do domingo a cargo de Dna. Luz Doporto, deputada provincial de Igualdade.

Remataremos coa actuación musical: Carmen Penín, cantante galega que combina música, poesía e danza e audiovisual en torno ó tema da memoria das mulleres.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>