Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín acolle a retransmisión en directo da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi
Verín acolle a retransmisión en directo da ópera Nabucco de Giuseppe Verdi PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Xullo 2022 12:07

 O venres, 15 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a retransmisión en directo da ópera Nabucco, de Giuseppe Verdi, que se representará no Teatro Real de Madrid. Este evento está enmarcado dentro das propostas de achegamento da ópera a todos os cidadáns, que impulsa o programa de actividades do Bicentenario do Teatro Real.

O vindeiro mércores 6 de xullo, o Concello de Verín poñerá a disposición do público as entradas para a ópera (gratuítas e numeradas) na Sala de Exposicións do Concello de Verín. Horario: de martes a venres de 18 a 21 horas.

Nabucco de Giuseppe Verdi

A emblemática ópera que posicionou a Verdi como un símbolo do Risorgimento italiano a través do soado coro de escravos hebreos «Vai, pensiero». Baseada na historia bíblica do rei de Babilonia, esta cativadora produción traslada a acción aos tempos do compositor e sitúa o foco nas relacións familiares que constitúen o verdadeiro núcleo deste pasional drama.

A partir do enorme éxito do Mosè in Egitto rossiniano, as solemnes tramas do Antigo Testamento que foran materia literaria de innumerables oratorios barrocos atoparon un novo e discreto acomodo na ópera romántica que iría alargándose ao longo do século con significativas contribucións de Donizetti, Halévy, Gounod, Serov, Goldmark ou Saint-Saëns, entre outros. Poucos, con todo, sacaron un partido semellante ao obtido por Verdi co seu Nabucco, o seu primeiro gran éxito tras uns dubitativos inicios e o que o enxalzou como símbolo do Risorgimento a través do soado coro de escravos hebreos «Vai, pensiero». Contundente como un diamante en bruto, Nabucco conta ademais con tres protagonistas de primeira orde –o titular, Abigaille e Zaccaria– que anuncian algúns dos grandes roles verdianos que estarían aínda por vir.

Nabucco presentarase na produción de Andreas Homoki que, cun suntuoso vestiario de época de Susana Mendoza e unha escena minimalista de Wolfgang Gussmann, traslada a acción á Italia dos tempos de Verdi e sitúa o foco, xa desde a abertura, nas relacións familiares que constitúen o verdadeiro núcleo deste pasional drama.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>