Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín recupera a festividade de San Fermín tras dous anos de parón por mor da pandemia
A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín recupera a festividade de San Fermín tras dous anos de parón por mor da pandemia PDF Imprimir Correo-e
Martes, 05 Xullo 2022 11:56

 O xoves día 7 de xullo máis de 170 menores integrantes destes servizos de conciliación, coeducación e diversión, (ludoteca – campamento urbano) participarán nunha divertida xornada de xogos que terá como temática principal a tradicional festividade do San Fermín. A mesma terá lugar no CEIP Princesa de España.


A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín recuperan esta actividade tras dous anos de parón por mor da pandemia.

O Gran Xogo de San Fermín

Unha xincana con diferentes probas: correr detrás do touro para intentar colocarlle o rabo ou saltar a comba cantando a canción de San Fermín serán algunhas das probas preparadas para que os cativos pasen unha mañá divertida celebrando esta festividade. Para seguir coa tradición, os nenos e nenas irán vestidos de branco coa pañoleta vermella. Por suposto que tamén haberá pregón e chupinazo.

Contarase con dous touros: un minitouriño para os pequenos e un touro para os rapaces e rapazas do campamento urbano e maiores da ludoteca.

Esta iniciativa forma parte das actividades realizadas no servizo da Ludoteca de Verán e do Campamento Urbano, destinadas a conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, ludoteca; e os 11 a 14 campamento urbano. Ambas actividades son organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil, área de Mocidade do Concello de Verín.

 

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>