O Festival de Curtas de Verín volve programar actividades para os cativos e cativas tras dous anos de parón por mor da pandemia |
![]() |
![]() |
![]() |
Xoves, 07 Xullo 2022 12:09 |
Deste xeito, os máis pequenos poderán visionar os mellores traballos de determinadas figuras da comedia e descubrirán persoeiros enxeñosos como Mabel Normand, Collen Moore, Charles Chaplin, Buster Keaton, Laurel e Hardy (o Gordo e o Fraco) ou os Irmáns Marx, entre outros. Como broche final, os nenos e nenas gozarán cunha selección de curtas escollida pola organización do Festival. “Son curtas que fomentan o respecto polo outro, a liberdade, a paz, a tolerancia e a igualdade”, destaca o director do certame, Carlos Montero. Dous bloques de idades Para esta acción proposta polo FIC Vía XIV, prevese dividir á rapazada asistente en dous bloques de idade. Un composto por cativos e cativas de entre 2 e 7 anos (con 40 minutos aproximadamente de sesión) e outro composto por un público infantil de maior idade, de entre 8 e 12 anos (con 50 minutos aproximadamente por sesión). Dentro de cada un dos bloques de idade, os nenos e nenas poderán participar nunha votación popular infantil na que elixirán a mellor curtametraxe das visionadas, que se premiará con 100 euros. A actividade está respaldada pola Asociación de Empresarios de Verín (AEVER). O FIC Vía XIV contará coa implicación das ludotecas municipais da comarca na posta en marcha desta actividade, así como coa de diferentes colectivos sen ánimo de lucro. Porén, tamén haberá prazas abertas para o público en xeral, que pode preinscribirse nela a través dun formulario específico habilitado ao respecto na web do certame: www.ficviaxiv.com.
|