Verín acolle o festival de monicreques “FestiVerín” os días 16 e 17 de xullo |
Venres, 08 Xullo 2022 10:54 |
Os próximos 16 e 17 de xullo, Verín acollerá no parque da Alameda o que será o seu primeiro gran festival de Monicreques: “Festiverín”. Un evento cultural destinado ao público infantil e familiar que inclúe unha oferta de espectáculos de primeiro nivel que, sen dúbida, farán as delicias de todos os asistentes Segundo confirmou esta mañá a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, «os monicreques chegarán á vila do Támega da man de seis compañías con traxectoria distinguida no mundo dos títeres que ofrecerán dous días cheos de maxia e farán rir a esgalla cos seus espectáculos, dirixidos a nenos e non tan nenos». Por último, ás 22:00 horas, actuarán no festival os compañeiros de Títeres Alakrán con “Barriga Verde ataca de novo”. Espectáculo de títere de cachaporra tradicional, inspirado nas rutinas que facía Xosé Silvent, na súa famosa barraca a principios do século XX. Barriga Verde é o títere popular de Galiza, representando co seu humor a idiosincrasia galega. Títeres Alakrán recupera a súa figura adaptándoa ao mundo contemporáneo para que a nosa tradición siga viva e non morra, cun único manipulador que emprega a palleta outorgándolle aos bonecos a súa característica voz. Domingo 17 de xullo Ás 20:30 horas, a narradora e titiriteira Larraitz Urruzola presentaranos “A viaxe de Rosalía”. Un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro onde a artista acompañada con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, nos dará a coñecer parte da obra Rosaliana e algúns dos momentos da vida desta insigne figura galega. Francisca do Campo leva século e medio contando a todo o mundo a historia da súa querida afillada Rosalía de Castro. Ela foi quen axudou a criala e quen compartiu as vivencias máis cotiás e entrañables. Cargada de maletas con teas, zapatos e moitas cousas queridas para ela comparte con nós a traxectoria vital e artística dun símbolo irrenunciable para a cultura galega. Ás 21:15 horas, a compañía Títeres Cachirulo, creada en 1985, para facernos gozar coa función “A cabeza do dragón”, unha adaptación para monicreques da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán. O Príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten apresada a filla do Rey Micomicón para poder retornar triunfante a casa. Tamén, ás 22:00 horas, a función “Ikú e Elegguá” tamén formará parte deste catel da man de Títeres Cascanueces. Lázaro Duyos Jordán como director, actor e manipulador dará vida a unha obra na que Ikú, a morte na tradicón yorubá, persegue a Elegguá, deus neno que representa a alegría de vivir, as bromas e as travesuras. Elegguá, dono dos camiños e das encrucilladas, mudando as sinais dos camiños e con doces e larpeiradas, consegue derrotar a mesmísima morte. |