Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle o concerto da Orquesta de Sopros da Academia de Artes de Chaves
O Auditorio de Verín acolle o concerto da Orquesta de Sopros da Academia de Artes de Chaves PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Xullo 2022 12:27

 O sábado 22 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a actuación da Orquestra de Sopros da Academia de Artes de Chaves (Portugal).

Fundada en setembro de 2008, iniciou a súa actividade no ámbito da materia da clase de Conxunto do Curso Básico de Música. Desde pronto comezou a consolidarse como un grupo de referencia da Academia de Artes de Chaves e a súa rexión. A súa constante evolución levouna a transcender o contexto curricular no que naceu, empezando a integrar tamén a mozos músicos en xeral.

Da súa actividade, destaca a súa participación regular en festivais e concursos internacionais, ademais dos concertos, onde se gañou o recoñecemento dun público cada vez máis numeroso xunto ás máis críticas favorables. Desde a súa fundación conseguiu xa 10 primeiros premios internacionais, destacando os obtidos no CIM Vila de Altea, CIB Filarmonia d’Ouro e na Mostra Musical do Eixo Atlántico.

Actualmente está constituída por mozos músicos da rexión norte, axuntados por un proxecto singular. Participa regularmente en concerto por varios escenarios do país, realizando un traballo de divulgación e expansión cultural. Está dirixida desde a súa fundación polo mestre Luciano Pereira.

As entradas son de balde e poden retirarse na Sala de Exposicións da Casa da Cultura do Concello de Verín ata o xoves 21 de xullo. Horario da taquilla: Martes a venres, de 18:00 a 21:00 horas.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>