Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín recupera, tras cinco anos, o campamento no Parque Natural de O Invernadeiro
O Concello de Verín recupera, tras cinco anos, o campamento no Parque Natural de O Invernadeiro PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Xullo 2022 13:06

 Dentro das actividades de conciliación, e conscientes da importancia que ten o tempo de lecer e o ocio na cativada,  a Oficina Municipal de Información Xuvenil dependente da área De Mocidade recupera, despois de cinco anos, o campamento no albergue do Parque Natural do Invernadoiro. Será do 22 ao 27 de agosto do 2022.

Segundo confirmou o concelleiro da área de Mocidade, Diego Lourenzo Moura, o Invernadeiro considérase un lugar idóneo par tal fin, tanto pola súa infraestructura, como polas súas rutas de sendeirismo. «Creemos que este parque natural é un lugar idóneo para que os rapaces e rapazas deste concello reciban unha educación medioambiental e ecolóxica, ensinándolles a respectar e conservar a natureza por medio do xogo e a diversión».

«O principais obxectivos desta iniciativa», explicou a concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, «son o fomento da educación medio ambiental entre os menores inculcándolles o coidado e respecto á natureza e potenciar a convivencia entre eles».

Devandito campamento inclúe a manutención en réxime de pensión completa, materiais necesarios para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, socioculturales, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro guiadas polos biólogos, seguro de responsabilidade civil e accidentes e atención sanitaria (se fose necesaria).

As idades dos participantes son as comprendidas entre os 10 e os 14 anos (nados entre os anos 2008 e 2012).

O prazo de inscrición comeza mañá xoves 14 de xullo en horario de 8:30 a 13:30 horas. As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil por rigoroso orde de inscrición e pago ata cubrir ás 50 prazas, (25 nenos e 25 nenas).  A cota é de 165 €, para os menores empadroados no Concello de Verín e 195 € para os non empadroados.


 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>