Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín convoca unha reunión informativa para fortalecer a hostalería local
O Concello de Verín convoca unha reunión informativa para fortalecer a hostalería local PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Maio 2024 14:51

O Concello de Verín, a través das áreas de Hostalería e Feiras, vén de anunciar a convocatoria dunha reunión informativa dirixida ao tecido hostaleiro da nosa vila. A reunión terá lugar o próximo día 15 de maio, ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura.


O obxectivo fundamental deste encontro é promover un espazo de colaboración entre os diversos actores do sector da hostalería en Verín, coa finalidade de explorar posibles vías de actuación para a súa dinamización. Neste sentido, espérase que a reunión sirva como foro de diálogo para intercambiar ideas innovadoras, compartir experiencias e analizar as necesidades e oportunidades que enfronta o sector hostaleiro local na actualidade.

A participación dos propietarios e representantes hostaleiros é esencial para o desenvolvemento e fortalecemento dos nosos negocios locais. Por iso, estendemos esta invitación a todos aqueles interesados en contribuír con ideas e propostas que impulsen o crecemento e a prosperidade do mesmo.

 
EBC

Logo FEADER

Centro de Dia

Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









En que mesa voto?

Compostaxe

Buzón do Cidadán

IOP Definitivo

PMPCI

PEID PREGUIZA

PEID Caldeliñas

Plan Xeral de Ordenación Urbana

PXOM APROBACION INICIAL

Peprich a fecha 2023


Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac



?>